edg

Estudios de Genealogía. Red Social de Investigadores

Ya se encuentra disponible nuevamente XOR en el siguiente enlace: Xenealoxías do Ortegal

"Os [Cabarcos] Bolaño, Señores do porto e xurisdición de Burela -Lugo- (ss. XV-XVII)"

«Os [Cabarcos] Bolaño, Señores do porto e xurisdición de Burela (ss. XV-XVIII):

Descendencia e parentela do matrimonio Afonso Vázquez de Cabarcos ~ Leonor de Bolaño»

 

© Fernando DOPICO BLANCO. Ferrol, 2011.

 

* Fontes principais:

ARChV, Registro de Ejecutorias, c. 3313/5.

AHN, OM-Caballeros, Santiago, exp. 5329.

 

 

AFONSO VÁZQUEZ DE CABARCOS.

- Casou no ano 1482[1] con Leonor de Bolaño, filla natural de Pedro [Fernández] de Bolaño e Balboa († 1491), Señor da Casa de Torés.

- No ano 1484 o localizamos como testemuña nun documento do mosteiro de Lourenzá[2]. Tres anos despois, ano 1487, aparece como reo defendiente xunto co seu sobriño Pedro Pardo Cabarcos e Lopo de Río na acusación que formulaba contra éles o devandito mosteiro de Lourenzá, […] sobre çiertos caneyros […] y çerramientos que los dichos Alfonso Bázquez e Pero Pardo e Lopo de Río fezieron e tenían fechos para tomar truchas e salmones e pescados en el río dela Masma […], que era dereito do mosteiro[3]. No ano 1490 Afonso Vázquez, xunto con outros fidalgos da área mindoniense, obtiña dos RR. CC. carta de perdón […] de quales quier muertes e ruydos y robos y otros crímenes y eçesos y delitos por vos […] fechos e cometidos, [… ] acatando y considerando los muchos buenos y leales serviçios que […] nos avedes fecho en esta g[u]erra delos moros enemigos de nuestra santa fee católica, en el çerco y toma dela çibdad de Baça y delas otras çibdades e villas y logares e fortalesas que nos avemos ganado de los moros […][4]. En 1499 os RR. CC. volvían a advertir a Afonso Vázquez, xunto co referido seu sobriño Pedro Pardo e outros cabaleiros e escudeiros do reino de Galicia, mandándolles que devolveran á igrexa de Mondoñedo as terras e fortalezas que lle tiñan ocupadas contra dereito[5]. Anos despois, 1516, o mesmo persoeiro, veciño da freguesía de San Xulián de Cabarcos[6], preiteaba con Bernardino de Castellanos e dona Maior de [Bolaño] Baamonde, media irmá da súa muller, pola herdanza do porto de Burela e a súa xurisdición[7].

- Fillos de Afonso Vázquez de Cabarcos e de Leonor de Bolaño foron os seguintes:

1.- Fernán Díaz [de Bolaño] de Ribadeneira. Señor da Torre de Burela de Cabo e da metade da xurisdición de Burela. Casou con María Fernández de Saavedra. Unha testemuña na información xenealóxica para o Hábito de Santiago dun seu bisneto declara: […] Y de Fernando Díaz de Bolaño es público y notorio que, por lo aver conoçido, tubo mucha parte de guerra a su costa en esta casa fuerte quando las comunidades trajeron el reyno tan rebuelto que los más fieles padeçieron mayor peligro […]. Outra testemuña, facendo memoria dun fillo deste persoeiro, manifesta: […] Y de su padre, Fernán Díaz Bolaño Rivadeneyra, es común opinión mantubo gran lustre y familia armada que le servían en defensa del puerto de Burela y en los enquentros que cada día tenían entre si cavalleros deste obispado de Mondoñedo, en que antiguamente ubo tantas rebueltas, que a tantos costó la vida y a alguno la caveça […]. O matrimonio Fernán Díaz ~ María Fernández tiveron varios fillos, dos que quedou por herdeiro principal Fernando Arias de Saavedra Ribadeneira, primoxénito, que casou con dona Catalina Osorio[8]. Deste matrimonio foi filla dona Elvira Osorio Ribadeneira, Señora da Torre de Burela, que casou con Pedro de Miranda e Villar[9]. Deles foi fillo herdeiro don Fernando Osorio e Miranda, natural de Ribadeo, veciño e rexedor de Mondoñedo, Señor da Torre de Burela de Cabo e da metade da xurisdición de Burela, cabaleiro da Orde de Santiago no ano 1631[10], en cuxo expediente se atopan variados e interesantes datos asemade dos que agora ofrecemos. Como esta liña é bastante ben coñecida e traballada por diversos investigadores, centraremos o noso estudio na que segue ...

2.- Pedro de Bolaño, que segue na liña que traballamos.

3.- Ana Vázquez de Cabarcos, que no ano 1533 recibía por unha voz en foro do mosteiro de Lourenzá, conxuntamente co seu tío Fernán Díaz, toda a renda que o mosteiro tiña en Santa María Madalena de Cedofeita, Santiago da Castiñeira e Vilamariz, […] segúnd lo solía llevar Afonso Vázques de Cabarcos (…)[11].

 

 

* PEDRO DE BOLAÑO († 1561).

- Veciño do lugar e pazo do Vilar, en Burela, Señor de metade da xurisdición do porto e atalaya da mesma localidade. Casou con Maior Martínez.

- Outorgou testamento pechado no seu pazo o 18/06/1560, polo que dispoñía que o enterrasen cabo do altar maior da parroquial de Santa María de Burela, así como que a súa muller gozase en usufroito de todos os seus bens durante a súa vida. Asemade: […] Yten, quiero y es mi boluntad que Ares Vázquez de Volaño, mi hijo, en su testamento y postrimera boluntad después del fallecimiento dela dicha Maior Martínez, mi muger, en fin de cuios días subcediere en la mi parte de el puerto de Vurela que tengo con el señor Fernán Díaz de Ribadeneira, mi hermano, […] haia de mandar e dejar la dicha mi parte de el dicho puerto con sus casas, terretorio y heredades del dicho puerto e su atalaya pertenezientes y anejas, a Pedro de Volaño, su hijo legítimo y de doña Bárbara Osorio, su legítima muger […]. Yten, digo que es berdad que yo he dado y donado a Ares Vázquez de Volaño e a doña Várbara Osorio, su muger, la sexta parte que me pertenece de el coto de Canedo por herencia de Alonso Vázquez, mi señor padre defunto, según le fue adjudicado por sentencia delos señores gobernador e oidores deste reino de Galicia la mitad enteramente de el dicho coto[12], en que a mi cave la tercera dela dicha mitad que es un sexto, como a uno de tres herederos suios. E después desto, el notario Pedro[13] Pardo, difunto, quedó conmigo de me dar e pagar la dicha mi parte del dicho coto, porque havía alcanzado delos otros mis hermanos la suia, e que le hiciese donación dela dicha mi parte, [de] la qual le hize escritura ante Vázquez, notario. La qual, aliende que de derecho no la pude hacer, e porque el dicho Álbaro Pérez después no cumplió conmigo lo que a mi quedó, digo que mi boluntad es de rebocar y reboco la dicha donación en quanto hace a favor de el dicho Álbaro Pérez e de sus herederos, e apruebo e ratifico la dicha donación delos dichos Ares Vázquez e doña Várbara Osorio en quanto en su favor hace. […] dejo y nombro por mi universal heredero al dicho Ares Vázquez de Bolaño, mi hijo legítimo e dela dicha Maior Martínez, mi legítima muger […]. Que fue fecho en el lugar de Vilar, feligresía de Santa María de Burela, dentro delas casas de morada del dicho Pedro de Volaño, a diez e ocho días del mes de junio de mil e quinientos e sesenta años. Pedro de Volaño. Pasó ante mi Pedro Mariño, escribano […]. No codicilo, outorgado en Burela o 08/01/1561, ratifica o seu testamento e as mandas piadosas e misas nas igrexas de Santa María Burela, San Xulián de Cabarcos, Santo Adriao e San Tomé de Lourenzá[14], […] por las ánimas de mis antecesores a quien soy obligado […]. Asemade, manifestaba: […] Yten, digo que Alonso Vázquez de Cabarcos, mi padre defunto, en su testamento mandó a Pedro Pardo de Cavarcos, su sobrino[15], una pieza de viñas sitas en la chousa do Esperón, que es en la feligresía de Santo Adrao de Lorenzana, las quales le mandó de berdoría (sic) con que él cumpliese e hiciese cumplir su testamento, el qual no lo cumplió ni usó de el dicho cargo de veedor, e sus herederos se entremetieron en las dichas viñas. Es mi voluntad que se les pidan e cobren […].

- Fillo herdeiro de Pedro de Bolaño e de Maior Martínez foi:

- Ares Vázquez Osorio de Bolaño, que segue a liña.

 

 

* ARES VÁZQUEZ OSORIO DE BOLAÑO.

- Veciño de Xove[16]. Casou con dona Bárbara Osorio[17]. Foron seus fillos:

1.- Pedro de Bolaño Osorio, que segue a liña.

2.- Gregorio Bázquez Osorio de Bolaño, veciño de Portocelo[18] polo ano 1593.

3.- Antonio Bázquez Osorio de Bolaño, veciño de Xove polo ano 1593.

 

 

PEDRO DE BOLAÑO OSORIO.

- Señor de parte do porto de Burela por herdanza do seu avó homónimo. Casou en 1561[19] con Leonor Alonso de Santa Mariña, filla de Álvaro de Santa Mariña[20] e de Tareixa Fernández/Álvarez de Serantes. Foi seu fillo herdeiro:

- Álvaro de Santa Mariña Bolaño e Osorio, que segue a liña.

 

 

ÁLVARO DE SANTA MARIÑA BOLAÑO E OSORIO († 1651).

- Veciño de Vilaronte no ano 1593 e tamén de Burela. Casou con Mariña Yáñez de Cervo e Aguiar († 1645), natural da freguesía de Santiago de Celeiro[21], filla de Fernando [Pardo] de Cervo[22] e de Leonor Basanta de Cora[23], neta por vía paterna de Gregorio Pardo de Cervo[24] e de Constanza López[25]. No ano 1642 Mariña Yáñez outorgaba unha escritura de mellora de bens e vínculo a favor dos seus fillos Alonso e Xoán[26]. Esta señora outorgou testamento en Burela o 22/04/1645[27]. Pola súa parte, Álvaro de Santa Mariña outorgou testamento no pazo de Vilar en Burela un ano despois, o 06/05/1646[28]. Do matrimonio quedaron seis fillos, a saber:

1.- Don Pedro de Bolaño Osorio, que segue a liña.

2.- Mariña Yáñez de Cervo[29]. Casou con Xoán Cao de Cordido, veciños de Santiago de Fazouro[30] no ano 1664.

3.- Alonso Vázquez Osorio, veciño de Foz no ano 1664. Casou[31] con dona Catalina Osorio de Sierra e Aguiar[32], filla maior de Sebastián Rebellón Osorio e de dona Antonia de Castrillón, veciños da freguesía de Santiago de Foz.

4.- Xoán Vázquez Osorio. Casou[33] con dona Isabel de Castrillón e Sierra[34], filla segunda dos citados Sebastián Rebellón Osorio e de dona Antonia de Castrillón[35]. Dona Isabel figura como viúva e veciña de Burela polo ano 1664. Asemade, nas partillas da herdanza dos seus sogros, como depositaria dos dereitos do seu marido e cesionaria do seu cuñado Fernando Pardo, tocáronlle entre outros bens: […] Las casas de el pazo de Vilar, sitas en la feligresía de Burela […]. Fillos do matrimonio e menores no ano 1664 foron:

4.1.- Dona María Osorio e Bolaño.

4.2.- Don Antonio Osorio e Bolaño.

4.3.- Don Xoán Vázquez Osorio e Bolaño († 1739). Herdou o pazo de Vilar, en Burela e outras posesións. Por estes bens lle interpuso preito perante a Real Audiencia de Galicia no ano 1714 seu curmán don Xosé de Bolaño Osorio, Señor da metade do porto de Burela, por canto consideraba que o pazo e outros bens anexos pertencían ó morgado fundado polo seu devanceiro común Pedro de Bolaño no ano 1560. No ano 1728 chegou a un acordo co que sería seu cuñado, o presbítero don Lorenzo Antonio de Bolaño Osorio, fillo maior herdeiro de don Xosé, polo que o dito don Xoán mantería durante a súa vida o usufroito do pazo de Vilar e bens anexos e tras a súa morte este patrimonio pasaría ó morgado de don Lorenzo Antonio[36]. Casou en Sargadelos no ano 1729 coa súa curmá dona Catalina de Bolaño e Osorio[37]. Foi seu fillo Don Xoán Antonio Nicolás Vázquez Osorio e Bolaño, nado en Sargadelos no ano 1732. En 1758, sendo veciño de Burela, movía preito ó seu tío don Basilio de Bolaño Osorio polo pazo de Vilar e posesións anexas.

5.- Luis Pardo Osorio, capitán, licenciado e prestameiro [...] de el préstamo y cura de Santa María de Labacengos[38], bezino del puerto y feligresía de Santiago de Cillero [...][39] no ano 1664. Casou coa súa curmá dona Ana de Saavedra, neta de Xoán Pardo e Aguiar e da súa tía materna María Basanta de Cervo[40].

6.- Fernando Pardo [de Cervo] Osorio, [...] criado de Su Magestad y ayudante de maestresala delas Damas dela Reina [...], finado con anterioridade ó ano 1664[41].

 

 

Don PEDRO DE BOLAÑO OSORIO.

- Casou con dona Francisca Rodríguez de Nois. Foi seu fillo herdeiro:

 - Don Xosé Bolaño Osorio, que segue a liña.

 

 

* Don XOSÉ BOLAÑO OSORIO I.

- Señor da metade do porto e xurisdición de Burela. Casou con dona Margarita Sanjurjo Montenegro. Foi seu fillo herdeiro e homónimo:

 - Don Xosé de Bolaño Osorio, que segue a liña.

 

 

* Don XOSÉ BOLAÑO OSORIO II († 1716).

- Señor da metade do porto e xurisdición de Burela e do couto de Suegos[42], veciño de Sargadelos[43]. No ano 1714 interpoñía preito perante a Real Audiencia de Galicia contra seu parente Xoán Vázquez Osorio, dono do pazo de Vilar, en Burela, por esta casa e outras posesións. Casou con dona Lorenza Montenegro e Valcarce. Foron seus fillos:

1.- Don Lorenzo Antonio de Bolaño Osorio (1690 - † 1748), fillo maior, nado e bautizado en Burela. Presbitero. No ano 1728 outorgou unha escritura de concerto co seu parente don Xoán Vázquez Osorio, pola que tras o pasamento deste se reintegrarían ó vínculo que detentaba don Lorenzo Antonio o pazo de Vilar en Burela e bens anexos[44]. No ano 1743 don Lorenzo Antonio, que di ser veciño do lugar de Rueta en Sargadelos[45], outorgaba unha escritura de poder para proceder a posesión e incorporación do referido patrimonio ó seu vínculo.

2.- Don Basilio de Bolaño Osorio († 1759), dono do lugar de Rueta e veciño de Sargadelos no ano 1751, en que solicitaba tomar posesión da herdanza do seu irmán don Lorenzo Antonio, como seu inmediato sucesor. No ano 1758 preiteaba co seu parente don Xoán Antonio Nicolás [Vázquez] Osorio e Bolaño, fillo de don Xoán Vázquez Osorio e Bolaño, pola posesión do pazo de Vilar e bens anexos. Casou con dona María Manuela [Bermúdez] Menéndez. Esta, xa viúva, proseguía o citado preito no ano 1760 como titora e curadora dos seus fillos menores.

3.- Dona Catalina de Bolaño e Osorio. Casou co seu curmán don Xoán Vázquez Osorio e Bolaño, arriba citado. Foi seu fillo don Xoán Antonio Nicolás Vázquez Osorio e Bolaño, nado en Sargadelos no ano 1732, que moveu preito ó seu tío don Basilio de Bolaño Osorio polo pazo de Vilar e posesións anexas, segundo quedou dito máis atrás. 

4.- Dona Úrsula de Bolaño e Osorio, solteira no ano 1732 e veciña de Sargadelos.

 



[1] ARChV, Registro de Ejecutorias, c. 311/51. Carta de dote outorgada en Torés o 18/02/1482, perante o notario Pedro Díaz de Santomé.

[2] AHN, Códices, L. 181 (mosteiro de Lourenzá).

[3] AHN, Códices, L. 181 (mosteiro de Lourenzá). Escritura de sentencia outorgada o 28/03/1487 (…) en la rúa grande de villa de Ribadeo (…).

[4] AGS, RGS, Leg. 149001/31.

[5] AGS, RGS, Leg. 149905/82.

[6] No actual concello de Barreiros.

[7] ARChV, Registro de Ejecutorias, c. 311/51.

[8] Dona Catalina Osorio era filla do licenciado Bernardo Rengifo de Santo Domingo e de dona Catalina Osorio a vella, descendente da Casa de Anlleo. En segundas nupcias esta dona Catalina a nova enlazou con Xoán López de Andrade, cavallero principalísimo na área mindoniense, a dicir dunha testemuña.

[9] Natural de Ribadeo, fillo de Marcos Fernández de Grandas e Villar, descendente das Casas de Grandas, Castillón e Villar, e de Tareixa Álvarez de Eirias e La Vega, filla de Xoán Suárez de Eirias.

[10] AHN, OM-Caballeros, Santiago, Exp. 5329.

[11] AHN, Códices, L. 181 (mosteiro de Lourenza). Foro outorgado en Lourenzá o 31/01/1533: (…) a vos Ana Vásques, fija de Afonso Vásques de Cabarcos, ausente, bien e tan conplidamente como si fuésedes presente, e a vos Fernando Díaz de Ribadeneyra, que estáys presente, anbos e dos, por en días de vuestras vidas de anbos e dos (…). Sen embargo, debemos salientar que nunha anotación no extremo superior esquerdo do pergameo faise constar o seguinte: Foro de Çedofeita fecho a Fernán Díaz de Ribadeneyra e a su sobrina Ana Vázquez por tres ducados.

[12] O couto de Canedo pertencía ó mosteiro de San Salvador de Lourenzá. Realmente, realmente estaba repartido entre varios arrendatarios, segundo se confirma nun libro de apeos do mosteiro no ano 1528. AHN, Clero, Secular Regular, L. 6548.

[13] Erro do traslado. O persoeiro en cuestión era o notario Álvaro Pérez Pardo, segundo se colixe con evidencia no mesmo testamento e no codicilo do ano 1561.

[14] Ambas freguesías no actual concello de Lourenzá.

[15] Pedro Pardo de Cabarcos, sobriño de Afonso Vázquez, asemella que foi o que casou con dona María de La Sierra, con sucesión. Probablemente era fillo do Pedro Vázquez de Cabarcos que cita Vasco de Aponte entre os familiares e fidalgos que andaban co mariscal Pardo de Cela polo ano 1480. Vasco de Aponte, Recuento de las Casas antiguas del Reino de Galicia (ed. crit. Equipo de Investigación “Galicia hasta 1500”), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1986, p. 170. Cómpre advertir que o P. Crespo del Pozo fai pasar a Pedro Pardo, marido de dona María de La Sierra, pesquisidor y veedor de la gente de guerra en el reino de Granada e falecido c. a. 1517, como fillo de Afonso Vázquez de Cabarcos e dun primeiro matrimonio deste cunha señora da Casa de Donlebún. Filiación que se demostra aquí errónea. José Santiago Crespo del Pozo, Blasones y Linajes de Galicia (vol. IV, 1ª. edición), col. ‘Historia de Galicia’, edit. La Gran Enciclopedia Vasca, Madrid, 1985, tomo XXV, pp. 387-388.

[16] San Bartolo de Xove, no actual concello de Xove.

[17] Segundo o P. Crespo del Pozo, dona Bárbara era filla de Pedro Álvarez Osorio, Señor da Casa de Samarugo (Vilalba), e de Maior Basanta de Aguiar, neta por liña paterna de Galaor Osorio e de dona Constanza de Castro -en primeiras nupcias desta señora-, unha das fillas do famoso mariscal Pedro Pardo de Cela e de dona Isabel de Castro. Crespo del Pozo, ob. cit.,  pp. 124-125 e 389.

[18] San Tirso de Portocelo, no actual concello de Xove.

[19] Carta de dote outorgada en Ribadeo o 11/03/1561.

[20] Álvaro de Santa Mariña no seu testamento fundara un vínculo sobre o seu patrimonio na freguesía de San Xoán de Vilaronte, no actual concello de Foz, (…) que es en el coto de San Martiño, obispado de Mondoñedo (…).

[21] No actual concello de Viveiro.

[22] No ano 1551 Fernando de Cervo e a súa muller recibían en foro do mosteiro de Lourenzá unha quinta parte de toda a facenda que posuía o mosteiro na freguesía de Santa María de Suegos coa metade da xurisdición civil e creminal no dito couto. AHN, Clero, Secular Regular, L. 6634 (mosteiro de Lourenzá).

[23] O matrimonio tiña as súas sepulturas na parroquial de Celeiro. Outra filla desta parella era María Basanta (ou Basante) de Cervo [de Pedrosa], muller de Xoán Pardo de Aguiar, veciños de Celeiro, que tiñan unha capela no convento de Santo Domingo de Viveiro.

[24] Gregorio Pardo era fillo dun Xoán Pardo de Cervo. No ano 1525 Gregorio Pardo fixo sociedade co seu irmán, Diego López, e con Fernando Rodríguez de Aguiar, veciño de Lourenzá, mercándolle ó mosteiro de Lourenza a facenda de Suegos por unha cuantía de 23 ducados de ouro. O dito Fernán Rodríguez se dirixía así ó abade e convento: (…) lo qual todo avía lebado Pedro Pardo de Çerbo e Juan Pardo, su hermano, veçinos de Çellero de Bivero, e otros por la dicha pensión. Et porque sy la dicha fazienda quisiese bender a los dichos Gregorio Pardo e a Diego López Teyxeiro, hijos -respectivos- delos susodichos Pedro Pardo e Juan Pardo, pues que asý se acostumbraba fazer en todos los fueros y tanto por tanto, como otro por ello diese, qu-él conpraría la dicha fazienda suso dicha para los dichos Gregorio Pardo e Diego López Teyxeiro, e daría por toda ella rematándogela veynte e tres ducados de oro (…). AHN, Clero, Secular Regular, L. 6623 (mosteiro de Lourenzá). Sobre esta facenda de Suegos, cabe salientar que estivera aforada a outras xeracións anteriores da mesma estirpe dos Cervo. Como proba, o foro outorgado no ano 1466 polo abade e monxes de Vilanova de Lourenzá (…) a bos María López de Teyxero, moller que fostes de Fernando de Çerbo, que Deus aja, moradora eno porto de Çelleyro da vila de Bibero, e nas tres quintas partes con bosos hirmaos segúnd lles ben por súa herença e a cada uno, e a bos Tereyja Álbares, moller de Juan Fernández Çeçido, moradores ena vila de Bibero, enas outras dúas quintas partes con bosos hirmaos segúnd que lo lebastes fasta aquí. Conbén a saber, que bos aforamos por días de bosas vidas e por outras tres personas despoys de bosos filamentos que sejan nomeadas en bosos testamentos (…). Conbén a saber, que bos aforamos segúnd dito he todas las heredades, e casas, e casares, e vinas, e señorío e apresentaçón de benefiçio que nos tenemos ena fligresía de Suebos (sic) e segúnd e ena maneyra que o bos lebastes fasta aquí e os bosos anteçesores (…). AHN, Códices, L. 181 (mosteiro de Lourenzá).

[25] Matrimonio que tiña as súas sepulturas no convento de San Francisco de Viveiro.

[26] Escritura de mellora outorgada en Vilaronte o 22/02/1642.

[27] No testamento, entre outras disposicións, mandaba que a enterrasen na capela maior da parroquial de Burela.

[28] No testamento, entre outras disposicións, mandaba que a enterrasen na capela maior da parroquial de Burela, a ser posible na sepultura onde estaba a súa muller. Mandaba dicir vinte misas na igrexa de Vilaronte, onde estaban sepultados seus pais, e outras tantas na de Santa María de Ribadeo, (…) y que se salga con el responso y agua bendita sobre la sepultura donde están enterrados mis abuelos, que es en la capilla maior a la mano derecha de dicha capilla (…). Tamén, especificaba que: (…) Yten, declaro que Pedro de Volaño, mi bisabuelo, hizo en poder de Pedro Bolaño, mi padre, mejora del puerto de Burela, presentación y cargas del beneficio de Burela, y dicha mejora no pudo baler pues no tenía dicho mi bisabuelo más de Ares Vazquez de Bolaño, su único hijo y heredero. Y después el dicho Ares Vázquez de Bolaño, mi abuelo, aprobó la mejora hecha por el dicho mi bisabuelo y de nuevo la hizo en mi, la qual contradijeron Gregorio Vázquez Osorio y Antonio Osorio, mis tíos, por decir que los vienes de ella y los más desta feligresía fueron adjudicados a doña Bárbara Osorio, mi abuela, muger del dicho Ares Vázquez de Bolaño mi abuelo, en pago delos que él le havía bendido de su dote y capital. Y seguiéndose este pleito, me vine a comprometer con dichos mis tíos en manos de jueces árbitros, los quales por herencia me adjudicaron por bienes avinculados dicho puerto de Vurela, y cargas y presentaciones del veneficio con el patronazgo. Y ansí lo declaro para descargo de mi conciencia. Y los demás vienes de esta feligresía se me adjudicaron por vienes libres, con cargo de que hubiese de pagar las décimas a tres hermanas mías delos dichos vienes libres, como en efecto declaro (…).

[29] María Basanta de Cervo (ou, de Pedrosa), tía materna de Mariña Yáñez, lle mandara á súa referida sobriña catrocentos cincoenta ducados (…) por cláusula de su testamento con que murió, para ayuda de su remedio y casamiento (…).

[30] No actual concello de Foz.

[31] Carta de dote outorgada en Foz o 17/06/1641. Dona Antonia xa era viúva nesa data.

[32] Segundo declara a súa nai, dona Catalina era herdeira no vínculo fundado polos irmáns don Vasco Rebellón e Aguiar, chantre da catedral de Mondoñedo e cóengo de Santiago, e Diego Rebellón de Aguiar, (…) y los bienes al dicho vínculo anejos, según están fundados en la capilla de Nuestra Señora dela Concepción, inclusa en la parroquial de Santiago de Foz (…).

[33] Carta de dote outorgada en Foz o 17/06/1641. Cómpre sinalar que se trata do mesma escritura que a anterior. No documento, se establece a dote das dúas irmás para casar cos dous respectivos irmáns.

[34] Tamén aparece cos apelidos: de Sierra Osorio y Aguiar.

[35] Outro fillo deste matrimonio era don Antonio Rebellón e Osorio, do que se carecía de noticias en 1641 cando súa nai declaraba que: (…) habrá diez o onze años, poco más o menos, que se fue y ausentó deste reino en serviçio de Su Magestad, embarcado en la Armada Real, y hasta ahora no tenía noticia de su vida ni save si es muerto (…).

[36] Escritura de concerto outorgada en Celeiro o 23/09/1728.

[37] Filla de don Xosé de Bolaño Osorio e de dona Lorenza Montenegro e Valcarce. Irmá, por tanto, de don Lorenzo Antonio e don Basilio de Bolaño, dos que se dirá máis adiante.

[38] No actual concello de Moeche.

[39] Celeiro, no actual concello de Viveiro.

[40] Este enlace matrimonial e grao de parentesco figura no testamento de Mariña Yáñez, nai de Luis Pardo: (…) Yten, digo que en la escritura de contrato que hicimos entre Juan Pardo de Aguiar, mi cuñado difunto, e dicho mi marido e yo, para haverse de casar como al presente lo está el capitán Luis Pardo Osorio, nuestro hijo, y doña Ana de Savedra, nieta del dicho Juan Pardo, nombrando y declarando los vienes que eran dela capilla que han fundado en Santo Domingo de Vivero el dicho Juan Pardo y María Vasanta de Cerbo, mi hermana, difuntos, por el herror del escrivano se pusieron los vienes de Santa María de Vivero haviendo de poner los de Santiago dela dicha villa, porque era bisto no haver de poner los vienes dela feligresía donde no los teníamos, y dicho Juan Pardo ni María Vasanta (…).

[41] Curiosamente, non aparece nomeado no testamento da súa nai Mariña Yáñez de Cervo. Pero si no do seu pai, que o declara como fillo lexítimo e de lexítimo matrimonio coa referida Mariña Yáñez.

[42] Santa María de Suegos, no actual concello de O Vicedo.

[43] Santiago de Sargadelos, no actual concello de Cervo.

[44] Escritura de concerto outorgada en Celeiro o 23/09/1728.

[45] No actual Nomenclator de Galicia (www.xunta.es/nomenclator) aparece o lugar de Rueta como pertecente á freguesía de Santa María de Cervo. Sen embargo, nunha escritura do ano 1751 se di: (…) En el lugar de Rueta, medianero de las feligresías de Santiago de Sargadelos y Santa María de Cerbo (…).

Visitas: 1933

Los comentarios están cerrados para este post

Comentario por José Luis el enero 12, 2013 a las 7:18pm
Comentario por Fernando Dopico Blanco el diciembre 5, 2012 a las 6:42pm

* Descoñecía os datos que mencionas da Colección Salazar y Castro. Si ben, coido lembrar -falo de memoria- que o P. Crespo del Pozo os cita na entrada correspondente en Blasones y Linajes de Galicia.

* Dito o anterior. Certamente, Ares Pardo de Aguiar, Señor de Samarugo a finais do século XVI, era fillo de Andrés Pardo de Aguiar e de Beatriz de Taboada -que entre 1584-1591 preiteaba coa súa sogra e cuñado (Antonio) como titora do seu fillo Ares Pardo, sobre os bens que lle correspondían a éste segundo a escritura de vínculo e morgado-. Á súa vez, o citado Andrés Pardo de Aguiar era fillo de Pedro Pardo de Aguiar e de María Osorio, fundadores do morgado e vínculo da casa de Samarugo.

* No que se refire á ascendencia de María Osorio, consta que era filla de Pedro Álvarez Osorio, Señor de Samarugo, e de Maior Basanta -que en segundas nupcias casou con Pedro Fernández Sanjurjo-.

* No que toca á ascendencia de Pedro Pardo de Aguiar, consta que era fillo de Pedro Pardo de Cabarcos de dona María de La Sierra. Consta tamén, documentalmente, que Pedro Pardo de Cabarcos finou con anterioridade a 1522, ano no que a súa viúva e o fillo maior do matrimonio -Álvaro- renunciaban a todo dereito que tiveran no préstamo da igrexa de San Miguel de Reinante: (…) Yo dona María da Serra, muger que fui de Pedro Pardo de Cabarcos, que aya sancta gloria, por mi y en nonbre e como curadora que soi de Álvaro Péres Pardo, y Grabiel Pardo, e Pero Pardo, e Ynés Básques, mis hijos menores, e yo el dicho Álvaro Péres Pardo por lo que a mi toca, dezimos que (…). AHN, Clero, Regular, L. 6545. Escritura outorgada na freguesía de Cabarcos o 26/12/1522.

* E ata aquí o que podo demostrar documentalmente ata agora ...

* Agora ben. É moi interesante o que se di na Colección Salazar en relación cos hipotéticos -tal vez reais- ascendentes de Pedro Pardo de Cabarcos: Xoán Fernández de Aguiar e Maior Pardo. Pero, hai que demostralo con documentos de época ou traslados notariais autorizados nos que conste tal filiación. En todo caso, e gardando as oportunas precaucións, non se debe descartar investigar nesa dirección ...

* Certamente, lembro haber tomado certas notas do Arquivo Ducal de Medinaceli -sección Parga- sobre o matrimonio Pedro Pardo de Aguiar & María de La Sierra nunha libretiña que, desdichadamente, perdín. O que lembro, de memoria (e ésta ás veces falla) era que había bastantes fillos/descendentes de Pedro Pardo de Aguiar. E, se non lembro mal, penso que ata tivera dous matrimonios ... Pero, repito, estou a falar de memoria e, daquela, só mirei o asunto por riba. Agora ben, si sei que existe documentación no referido arquivo ducal sobre eses persoeiros.

* Saúdos.

Comentario por Edmundo Fraga el diciembre 4, 2012 a las 5:45pm

Hola Fernando,

Con respecto a la nota [15]. Recientemente he encontrado en la Colección Salazar y Castro de la RAH , disponible en la web de RAH Signatura: 9/33764, fº 218 a 221 v. , que no se si conoces, una relación de la ascendencia de Arias Pardo Osorio, señor de Samarugo. En esta aparece un Pedro Pardo de Aguiar, señor de Cabarcos, el ascendente de esta casa, casado con Maria de Sierra. Y lo hace hijo de Juan Fernandez de Aguiar y Maior Pardo, esta ultima hermana del Mariscal Pardo de Aguiar. La filiacion materna cuadraria con los documentos en que se nombra a Pedro Pardo de Cabarcos como sobrino del mariscal Pardo de Cela, el mismo que haria testamento en Granada en 1517. La filiacion paterna no tengo ni idea, ¿podria ser algun hermano de Alfonso Vazquez de Cabarcos el primer personaje de tu articulo?
El susodicho documento tambien ayuda a filiar a algunas de las mujeres de la linea de Samarugo, que en lo publicado hasta ahora (que yo sepa) no estaban, no se si sigues el tema de esta casa y podriamos intercambiar alguna impresion mas...
Gracias y un saludo,

Edmundo.

Comentario por Lola el noviembre 28, 2012 a las 8:41pm

El Martín Vázquez que me interesa es el que en 1468 hace donación a su hija Constanza Vázquez del coto de Pígara y dicha Constanza hace testamento en 1490... difícil veo que sean la misma persona, aunque no lo descarto, ya que dicha donación podría ser con motivo de la boda de Constanza y fallecer Martín Vázquez mucho después. En fin, todo un dilema el martín este.

Comentario por Fernando Dopico Blanco el noviembre 26, 2012 a las 5:36pm

* Por si te sirve de algo la cronología, el Martín Vázquez de Baamonde -hermano de Pedro de Bolaño, Señor de Torés-, al que se alude en el pleito que citas, murió c.aa. 1482.

Comentario por Lola el noviembre 26, 2012 a las 11:17am

Ok, Fernando, trataré de localizarlo. En principio creí que podría tener realación con el Martín Vázquez de Pígara pero ahora ya lo veo más improbable al no tener este descendencia.

Saludos.

Comentario por Fernando Dopico Blanco el noviembre 26, 2012 a las 7:31am

* Ola, Lola.

* Si, este asunto de la "sucesión de Burela" está bien documentado y publicado por Enrique Cal Pardo en la Colección Diplomática Medieval del Archivo de la Catedral de Mondoñedo. Transcripción íntegra de los documentos, Santiago, 1999.

" Se trata de los Bolaño de la Casa de Torés. Y el pleito viene por el foro sobre el celeiro de Burela y otros bienes en la zona que el cabildo había aforado en primer término a Ares Vazquez de Baamonde, el cual había llegado por herencia a su nieto Martín Vázquez de Baamonde como hijo de doña Mayor de Baamonde y de Fernán Díaz de Ribadeneira. Tras la muerte, ab intestato y sin descendencia de este Martín Vázquez, es su hermano Pedro de Bolaño, Señor de la casa de Torés, quien reclama este foro y se enfrenta con el cabildo ..

Comentario por Lola el noviembre 24, 2012 a las 9:13pm

Hola Fernando

Navegando pro la red me encontré una página sobre el concello de Burela en la que he leído lo siguiente: "Por los bienes de la "Sucesión de Burela" Pedro Bolaño pleitea con el cabildo de Mondoñedo, pues éste defiende su pertenencia a Martín Vazquez de Vaamonde. El pleito es perdido por Pedro Bolaño que es obligado a abandonar los bienes de la Sucesión. A pesar de todo sigue manteniendo posesiones en el término de Burela tal como indica su testamento." 

¿Sabes si esto está documentado y si fuera así dónde podría verse? ¿o conoce alguien este pleito y quizás puede verse en la red?

Aperta

Comentario por Fernando Dopico Blanco el mayo 6, 2011 a las 5:10pm

 

1482, febreiro, 18, Torés (Lugo).

Carta de dote outorgada por Pedro de Bolaño, Señor da Casa de Torés, para o casamento da súa filla natural Leonor de Bolaño con Afonso Vázquez de Cabarcos.

  • ARChV, Registro de Ejecutorias, c. 311/51.
  • Traslado do ano 1516. Orixinal perante Pedro Díaz de Santomé, notario público.
  • Trascrición: Fernando Dopico Blanco. Ferrol, 2011.
  • Documento publicado con anterioridade no foro de XOR o 22/01/2011.

        Sepan quantos esta carta de dote e casamento vieren como nos Pedro Fernándes de Bolaño e Afonso Básques de Cabarcos, de nuestras propias libres e agradables voluntades, por razón que son tratados de esposorios e casamentos el dicho Afonso Vásques de Cabarcos con Lionor de Bolaño, fija de vos el dicho señor Pedro de Volaño, (…). Yten, yo el dicho Pedro de Bolaño, desde agora (…), prometo de dar e daré e do[y] a vos el dicho Afonso Vásques en dote e en nonbre de dote dela dicha Elionor (sic) de Bolaño, mi fija, treynta cargas de pan, a quatro fanegas por carga de renta en cada un año, [por] juro de herdade para en sienpre jamás, asentadas e situadas en esta manera: Las quinze cargas que vos las darés y contaré en los casares e caserías (sic) e benefiçios, (…) jures (sic) de presentar dellos, e en las heredades e heredamientos que yo el dicho Pedro de Bolaño [he] e me pertenesçen de aver en qualquier manera e por qualquier razón en el coto de Lea, qu-es en el obispado de Lugo. E las otras quinze cargas que vos las daré (…) en todos los bienes raýzes e heredades (…), en la parte dellos que vos más quisiérdes que yo he e me pertenesçen aver desde la Puente dela Espinera e Mariñas de Bibero fasta la billa de Bibero. E más bos prometo de dar en dote dela dicha mi fija a vos el dicho Afonso Vásques veynte mill maravedís pares de blancas, en esta manera: Los des mill maravedís dellos en el primero año que bos el dicho Afonso Vásques reçibiérdes la dicha mi fija en vuestro poder. E los otros des mill vos los daré e pagaré luego en el otro año siguiente después que tomárdes la dicha mi fija (…). (…) e que no pueda dar ni alegar la dicha Lionor de Bolaño que no es mi fija legítima, por quanto los derechos permiten que a una que no lo sea pueda el padre dotar a su fija delos qu-el es benefiçiario (…). E porque esto sea firme e no benga en dubda, otorgo dello un contrabto e ynstrumento por ante Pedro Días de Santomé, notario público del rey e reyna, nuestros señores. Que fue fecho e otorgado en el lugar de Torés, qu-es del dicho señor Pedro de Bolaño, a diez e ocho días del mes de febrero del año del nasçimiento de Nuestro Salvador Ihesuχρisto de mill e quatroçientos e ochenta e dos años. Testigos que a todo lo susodicho fueron presentes, llamados e rogados para seren testigos por parte del dicho señor Pedro de Bolaño: Ruy Gonçáles de Castelo, e Gómes Fernándes de Piñera, e Ares Verdugo, e Álvaro Sanjurjo da Barreyra, e Gonzalo Díaz, escuderos del dicho señor Pedro de Bolaño, e Roy Sánches de Riotorto, e outros. (…).

Fotos

  • Añadir fotos
  • Ver todos

Foro

Pedro/Matías Ares-Escribano de S.M.-Touro (A Coruña).1700

Iniciada por Amanda Ares Alonso en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Amanda Ares Alonso 6 Nov 2017. 4 Respuestas

Hola:Soy nueva en este foro pero llevo ya un tiempo recabando información sobre mis antepasados. Actualmente me estoy centrando en buscar más acerca del último "Ares" que tengo en mi familia. Se trata de Pedro Ares, casado con Margarita Gago y natural de Touro-A Coruña (supongo que vivió en la segunda mitad del siglo XVII). Al menos su hijo (Matías) y nieto (Juan Antonio) fueron escribanos de S.M. en Touro durante el siglo XVIII (Juan Antonio figura siempre como escribano de Bendaña, que es una…Continuar

Etiquetas: Touro, Ares

Liñas familiares do Pazo de Brandeso ata o Século XVIII

Iniciada por José Liñeira Monteiro en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Meri Martinez 2 Nov 2017. 11 Respuestas

Ola a todos; antes de nada, darvos as grazas por aceptarme nesta rede que xa hai un tempo que levo seguindo e que aprezo en extremo. Abro esta discusión porque non logro reconstruír as redes familiares das liñaxes posuidoras do pazo de Brandeso (Concello de Arzúa), e quizabes algún de vós podería axudarme. Se avanzo no tempo cara atrás, teño todo moi claro ata que Pedro Montero Figueroa herda o vínculo do seu parente Gregorio Montero Figueroa (aquel que casara con Josefa Pimentel, do pazo de…Continuar

Bahamonde / Vaamonde / Baamonde

Iniciada por Belen Gonzalez Varela en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN 17 Sep 2017. 0 Respuestas

Buenas tardes, busco a una rama de la familia en Betanzos y alrededores.El último dato fiable es Manuela o María Manuela, nacida en 1834 aprox. en Piadela.No consigo su partida ni figura en la iglesia que le correspondería en Betanzos, por lo que debe estar aún en Piadela.Su padre era Baltasar Vaamonde y sobre él no hay dato alguno, más que el nombre.Si alguien tiene información o bien enlaces donde buscar, agradeceré muchísimo la ayuda.Me han hablado de Dionisio Baamonde que se estableció en…Continuar

Fernando de Andrade (Señor de San Sadurniño)

Iniciada por José Luis en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 27 Ago 2017. 5 Respuestas

Buenas tardes:Estoy intentado averiguar si Gonzalo Freire de Andrade casado con Beatriz de Serantes es un hijo de Fernando de Andrade.En la páginahttp://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/fernando-de-andrade-i-senor-de-san-sadurnino/Se dice que Gonzalo Freire de Andrade es hijo de Fernando de Andrade con su segunda mujer Dª Berenguela das Mariñas.     Sin embargo en otros foros lo ponen como…Continuar

Busqueda de Losada

Iniciada por Sonia beatriz Losada Laban en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Guillermo Rodríguez Fernández 9 Ago 2017. 12 Respuestas

Hola, reitero mi pedido, busco datos del nacimiento de mi abuelo Joaquin Losada, los datos  concreto que tengo lo extraje del acta de matrimonio en Misiones Argentina y dice "Joaquin Losadas, español, soltrero hijo de Angel Losada de Galicia y Agripina Aurora Sarmiento de Lira ( finada) esto fue en el año 1896 por lo que Joaquin debio haber nacido en el año 1873/74, ya que al casase tenia 22 años.Espero ayuda de Uds RespetuosamenteSonia Batriz Losada LabanContinuar

Pazo da Riva (Valdoviño). Familias Pardo de Andrade y Ponce de León

Iniciada por Oscar Pardo Fernández en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 30 Jul 2017. 10 Respuestas

Buenos días, querría antes de nada felicitar a los miembros del foro, donde he encontrado mucha información relativa a la genealogía de los Pardo de Andrade de Valdoviño, la cual estoy intentando recuperar desde los primeros señores do Pazo da Riva (o Riba) hasta llegar a mi tatarabuela, María Petra Pardo de Andrade y López Ponce de León, nacida en 1840 y difunta el 20 de marzo del año 1921.La primera referencia que he podido encontrar a los señores del Pazo da Riva ha sido en la genealogía de…Continuar

Etiquetas: Valdoviño, Santa Eulalia, Ponce de León, Pardo de Andrade, Casa da Riva

Acceso directo PARES


Acceso directo ARG

Acceso directo AHUS

contraseña y usuario: webahus1

Acceso GAZETA Histórica


© 2018   Creado por José Luis.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio