edg

Estudios de Genealogía. Red Social de Investigadores

Ya se encuentra disponible nuevamente XOR en el siguiente enlace: Xenealoxías do Ortegal

Ano 1498: Testamento de dona María de Lanzós e Losada.

«Ano 1498: Testamento de dona María de Lanzós e Losada, muller de Sancho López de Ron e filla de Alonso de Lanzós o irmandiño, veciña de Lourenzá».

Fernando DOPICO BLANCO. Ferrol, 2014.

            O notable caudillo irmandiño Alonso de Lanzós († 1480) tivo un primeiro matrimonio[1] cunha dona Constanza de Losada. Deste enlace quedou como única filla dona María de Lanzós e Losada[2] († 1498) cuxo sucinto testamento, outorgado de palabra perante notario na anteporta da morte, se ofrece a continuación. Dona María casou cun dos teimudos fidalgos que, en compaña de familiares e parentela, atemorizaron cos seus desmáns ás xentes da comarca do Eo e limítrofes entre finais do século XV e comezos do XVI: Sancho López de Ron. A morada do matrimonio estivo no pazo que Sancho López posuía no val de Lourenzá.

Segundo certas fontes, entre as que sobresae o Memorial de la Casa de Ron, Sancho López tivo ata tres matrimonios. Polo mesmo, algúns xenealoxistas lle atribuen unha confusa prole de descendentes, que cómpre ir desenmarañando. Dende logo, a través do presente testamento podemos testemuñar a catro fillos habidos do enlace con dona María, polos que habería de seguir a saga das liñaxes dos Ron e Lanzós; a saber:

1.- Alonso de Lanzós, mellorado no terzo dos bens pola súa nai sobre os outros seus irmáns.

2.- Lope Núñez de Ron.

3.- Sancho López de Ron, homónimo do seu pai.

4.- Dona Isabel, que levou o nome en lembranza da súa bisavoa materna: dona Isabel de Castro, nai de Alonso de Lanzós o irmandiño da que, adianto, en recente investigación tivemos a fortuna de documentar como filla de don Álvaro Pérez de Castro e prima de don Fadrique Enríquez, Duque de Arjona.

            Por último, cómpre advertir que así mesmo se da noticia de dous traslados do testamento de dona María, que se referencian. Un localizado no Arquivo do Reino de Galicia. Outro na Real Chancillería de Valladolid, a través de PARES. Dado o estado un tanto deteriorado dunha parte do traslado notarial do ARG, foi preciso recurrir ó do ARChV para completar o texto e poder ofrecer así a transcrición completa do mesmo.

1498, abril, 20, Lourenzá (Lugo).

Testamento de dona María de Lanzós, muller de Sancho López de Ron, veciña de Lourenzá.

  • ARQUIVO DO REINO DE GALICIA, Real Audiencia, Preitos, 1046, 89.
  • ARCHIVO DE LA REAL CHANCILLERÍA DE VALLADOLID, Registro de Ejecutorias, c. 1207, 34.
  • Orixinal perante Lope Sánchez, notario público.
  • Ambos, traslados notariais do século XVI.

            En los palaçios de morada del senor Sancho López de Ron, qu-es en el balle de Lorençana, a beynte días del mes de abril, ano del nasçimento de Nuestro Senor Jesuxρisto de mill e quatroçientos e nobenta e ocho anos. En presençia de mi Lope Sánches, notario público, e de los testigos de yuso, la senora dona María de Lançós, muger del dicho senor Sancho López, jazendo en la fin dela muerte de que se falesçió, fizo su testamento e postrimera boluntad dela manera que se sigue.

            Primeramente, dixo que mandava su ánima a Nuestro Senor Dios e mandava enterrar sus carnes en la iglesia de Santo Adrao[3], donde hera feligresa, en la capilla que ella y el dicho Sancho López, su marido, fezeran. E mandó dezir el primero día de su sepultura las misas que se podiesen dezir e bisen que hera su estado e un octaval de misas. E las misas de los octo días, e del mes, e de los seis meses, e del ano acabadas en la dicha yglesia según costunbre. E mandou deçir en la dicha yglesia dos trintanarios çerrados de San Gregorio. E mandou vestir a sus criados e criadas. E abonó e milloró de abonamiento e mellaría en la terçia parte de todos sus bienes mobles e raýzes a su fillo Alonso de Lançós, de abonamiento e melloría de todos los otros sus fijos e fixas. E dexó por su conplidor deste dicho su testamento ao dicho senor Sancho López de Ron, su marido, para que lo cunpliese por sus bienes della. E como el conpliese por ella así fiziese Dios por el. E cunplido el dicho su testamento, en lo remanente de todos sus vienes mobles e raízes dexou por sus fijos herederos ao dicho Afonso de Lançós, e Lope Núnez, y Sancho López, e dona Ysavel, sus fijos e fija. E rebocou todos los outros testamentos, e mandas e coudeçilos, e mandó que non balesen, e balese este e quanto en el se contén. E mandó a mi el dicho notario que dese fe dello. Testigos que a ello fueron presentes: Fernán Pico, e Fernando do Souto, e Alonso do Rego da Madre, e Juan Alonso Patón, clérigos, e Rui Díaz de Santomé, e Pero Díaz de Teixeiro, vezinos del dicho balle de Lourençana. E yo el dicho Lopo Sánchez, escribano de cámara del rei e reina, nosos senores, e su notario público en la su corte y en todos los sus reinos e senoríos, a todo lo susodicho en uno con los dichos testigos presente fui a estas dichas palabras de testamento. Por mandado dela dicha senora dona María de Lançós por mi mano las escribí en outro tanto, e en mi nota e registro escribí e aquí puse mi nonbre e sino acostunbrado, que tal hes, en testimonio de berdad. Lope Sánchez, notario.

* Encabezamento do testamento de dona María de Lanzós (ARG, RA, Preitos, 1046, 89).


[1] Sobre os dous matrimonios de Alonso de Lanzós e a súa descendencia véxase Fernando DOPICO BLANCO, “Prolegómenos, fundación e transmisión dos morgados de Baltar e San Sadurniño (séculos XV ao XVIII)”, en Cátedra nº. 13, Pontedeume, 2006 (http://catedra.pontedeume.es/13/catedra1315.pdf).

[2] A filiación de dona María, así como o apelido da súa nai, quedan suficientemente probados en ARChV, RE, c. 284, 68: (…) dona María de Losada, fija que fue del dicho Alonso de Lançós e de dona Costança de Losada (…).

[3] Santo Adrao de Lourenzá.

Visitas: 1668

Los comentarios están cerrados para este post

Comentario por Fernando Dopico Blanco el julio 9, 2014 a las 1:19pm

* Moitísimas gracias, Breogán. Todo un éxito e unha boísima nova a túa achega.

Comentario por Breogán Amoedo Villanueva el julio 8, 2014 a las 8:01pm

Creo que ó final conseguin saber a obra na que aparece tal filiación.Outro nobiliario.Pedatura Lusitana.

Comentario por Breogán Amoedo Villanueva el julio 8, 2014 a las 7:50pm

En www.geni.com base de datos administrada por Lúcia Pilla.parece que en parte baseada no nobiliario de Felgueiras Gaio,pero néste non se mencionan como fillas do matrimonio a Dª.Isabel e Dª.Beatriz¿serían na realidade fillas naturáis de D.Álvar Pérez de Castro?¿ou  lexítimas?.O da filiación das mulleres de Juan Freire de Lanzós e García Díaz de ''Cardona''igual o copiou da base de datos  Geneall,onde pode vir as fontes nas que se basearían,hai tempo se podería comprobar,pero como dende aquela o parvo do administrador o fixo de pago..

Comentario por Fernando Dopico Blanco el julio 8, 2014 a las 7:16pm

* Pois vaia. Atendendo ó que apuntou xenerosamente Breogán. Acabo de ver nunha páxina de xenealoxías portuguesas referncia ó matrimonio de don Álvaro Pérez de Castro ~ dona María Lobo, así coma ós fillos destes. Moi, pero que moi interesante. Abrénse aínda máis posibilidades das que esperaba. Non só por estes que nos ocupan, se non para máis persoeiros da saga. ¡Qué ben!.

Comentario por Fernando Dopico Blanco el julio 8, 2014 a las 6:52pm

Moi bo apuntamento, Breogán. ¡Si, señor!.

Evidentemente, si o Álvaro Pérez de Castro que cita fr. Malaquías existise, pois sería irmán -ou medio irmán, se fora ilexítimo- do duque e de dona Beatriz, entroutros.

Terías a amabilidade de facilitarme e os datos ou bibliografía exacta onde aparecen reflectidas esas filiacións para as ditas dona Isabel e dona Beatriz como fillas do de Alcáçovas. Moitas gracias por adiantado.

Saúdos.

Comentario por Breogán Amoedo Villanueva el julio 8, 2014 a las 3:15pm

Sí,pero ese outro,de existires viría sendo irmán,e non tío de Don Fadrique Enríquez de Castro.O de Beatriz(en realidade debín poñer Isabel) foi efectivamente o que supós.Saíume o nome da súa filla,e irmá de do antedito duque de Arjona que casou con D.Pedro Álvarez Osorio,que é considerado o 1º conde de Lemos,e apartires dos cais o título devén hereditario.En canto ó señor de Alcaçovas as xenealoxías portuguesas din que casara con Dª.María Lobo,dos señores de Alvito.E ás súas fillas(que aparecen como fillas lexítimas dos dous)que tamén se chamaban Dª.Isabel e Dª.Beatriz unha casada con ''Joao de Lançoes'' e a outra con ''García Díaz ''de Cardona''''

Comentario por Fernando Dopico Blanco el julio 8, 2014 a las 12:51pm

* Breogán, no teu comentario anterior hai un pequena confusión de antropónimos. Como ben sabes, a muller de don Pedro Enríquez e nai do Duque de Arjona foi e chamouse dona Isabel, non dona Beatriz coma puxeches. Supoño que foi un lapsus calami ... :-)

- Por certo. ¿Con quén casou Álvaro Pérez de Castro o de Alcáçovas ...?.

Comentario por Fernando Dopico Blanco el julio 8, 2014 a las 11:13am

* Dun xeito ou outro, en todo caso habería que demostralo documentalmente. Non obstante, cabe lembrar tamén que fr. Malaquías de La vega lle atribue un fillo chamado Álvaro Pérez de Castro ó matrimonio entre don Pedro Enríquez ~ dona Isabel de Castro. Se ben, E. Pardo de Guevara en Los Señores de Galicia: Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media (2000); descarta esa filiación. Ó parecer, este don Álvaro estivera casado cunha dona Inés e realizou unha doazón dos bens que herdara da súa esposa ó seu irmán don Fadrique en 1423. Velaquí, polo tanto, outro persoeiro homónimo que se move nas mesmas datas ...

Comentario por Breogán Amoedo Villanueva el julio 8, 2014 a las 4:10am

Parece que eran fillas doutro Don Álvaro Pérez de Castro,posiblemente fillo extramarital(algúns os supoñían casados,mais semella que non hai probas) de Don Fernán Ruiz de Castro(con Milia(Melicia?) Gonçalves(''señora de Assequins''),e señor de Alcaçovas,polo menos así aparecen nalgunhas xenealoxías,nas que ó de Cadórniga se lle chama ''de Cardona''.O caso e que cuadra bastante,xa que desta maneira,Don Álvar(o) Pérez de Castro,que fora señor de Alcaçovas en Portugal,sería primo de Dona Beatriz(nai do duque de Arjona),fillos de irmáns por parte de pai(Don Fernán Ruiz e o Conde de Arraiolos eran fillos de D.Pedro Fernández de Castro ainda que non tiñan a mesma nai),e por tanto tío dos seus fillos

Comentario por Fernando Dopico Blanco el julio 7, 2014 a las 9:39pm

* Mira o artigo que acabo de subir, sobre o acrecentamento da dote dona Isabel de Castro, muller de Xoán Freire de Lanzós, en 1419 ...

Fotos

  • Añadir fotos
  • Ver todos

Foro

Pedro/Matías Ares-Escribano de S.M.-Touro (A Coruña).1700

Iniciada por Amanda Ares Alonso en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Amanda Ares Alonso 6 Nov. 4 Respuestas

Hola:Soy nueva en este foro pero llevo ya un tiempo recabando información sobre mis antepasados. Actualmente me estoy centrando en buscar más acerca del último "Ares" que tengo en mi familia. Se trata de Pedro Ares, casado con Margarita Gago y natural de Touro-A Coruña (supongo que vivió en la segunda mitad del siglo XVII). Al menos su hijo (Matías) y nieto (Juan Antonio) fueron escribanos de S.M. en Touro durante el siglo XVIII (Juan Antonio figura siempre como escribano de Bendaña, que es una…Continuar

Etiquetas: Touro, Ares

Liñas familiares do Pazo de Brandeso ata o Século XVIII

Iniciada por José Liñeira Monteiro en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Meri Martinez 2 Nov. 11 Respuestas

Ola a todos; antes de nada, darvos as grazas por aceptarme nesta rede que xa hai un tempo que levo seguindo e que aprezo en extremo. Abro esta discusión porque non logro reconstruír as redes familiares das liñaxes posuidoras do pazo de Brandeso (Concello de Arzúa), e quizabes algún de vós podería axudarme. Se avanzo no tempo cara atrás, teño todo moi claro ata que Pedro Montero Figueroa herda o vínculo do seu parente Gregorio Montero Figueroa (aquel que casara con Josefa Pimentel, do pazo de…Continuar

Bahamonde / Vaamonde / Baamonde

Iniciada por Belen Gonzalez Varela en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN 17 Sep. 0 Respuestas

Buenas tardes, busco a una rama de la familia en Betanzos y alrededores.El último dato fiable es Manuela o María Manuela, nacida en 1834 aprox. en Piadela.No consigo su partida ni figura en la iglesia que le correspondería en Betanzos, por lo que debe estar aún en Piadela.Su padre era Baltasar Vaamonde y sobre él no hay dato alguno, más que el nombre.Si alguien tiene información o bien enlaces donde buscar, agradeceré muchísimo la ayuda.Me han hablado de Dionisio Baamonde que se estableció en…Continuar

Fernando de Andrade (Señor de San Sadurniño)

Iniciada por José Luis en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 27 Ago. 5 Respuestas

Buenas tardes:Estoy intentado averiguar si Gonzalo Freire de Andrade casado con Beatriz de Serantes es un hijo de Fernando de Andrade.En la páginahttp://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/fernando-de-andrade-i-senor-de-san-sadurnino/Se dice que Gonzalo Freire de Andrade es hijo de Fernando de Andrade con su segunda mujer Dª Berenguela das Mariñas.     Sin embargo en otros foros lo ponen como…Continuar

Busqueda de Losada

Iniciada por Sonia beatriz Losada Laban en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Guillermo Rodríguez Fernández 9 Ago. 12 Respuestas

Hola, reitero mi pedido, busco datos del nacimiento de mi abuelo Joaquin Losada, los datos  concreto que tengo lo extraje del acta de matrimonio en Misiones Argentina y dice "Joaquin Losadas, español, soltrero hijo de Angel Losada de Galicia y Agripina Aurora Sarmiento de Lira ( finada) esto fue en el año 1896 por lo que Joaquin debio haber nacido en el año 1873/74, ya que al casase tenia 22 años.Espero ayuda de Uds RespetuosamenteSonia Batriz Losada LabanContinuar

Pazo da Riva (Valdoviño). Familias Pardo de Andrade y Ponce de León

Iniciada por Oscar Pardo Fernández en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 30 Jul. 10 Respuestas

Buenos días, querría antes de nada felicitar a los miembros del foro, donde he encontrado mucha información relativa a la genealogía de los Pardo de Andrade de Valdoviño, la cual estoy intentando recuperar desde los primeros señores do Pazo da Riva (o Riba) hasta llegar a mi tatarabuela, María Petra Pardo de Andrade y López Ponce de León, nacida en 1840 y difunta el 20 de marzo del año 1921.La primera referencia que he podido encontrar a los señores del Pazo da Riva ha sido en la genealogía de…Continuar

Etiquetas: Valdoviño, Santa Eulalia, Ponce de León, Pardo de Andrade, Casa da Riva

Acceso directo PARES


Acceso directo ARG

Acceso directo AHUS

contraseña y usuario: webahus1

Acceso GAZETA Histórica


© 2017   Creado por José Luis.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio