edg

Estudios de Genealogía. Red Social de Investigadores

Ya se encuentra disponible nuevamente XOR en el siguiente enlace: Xenealoxías do Ortegal

Ano 1492. Escolma das cláusulas do testamento de Diego de Lemos (+ 1495), Señor de Ferreira e Sober.

"Ano 1492. Escolma das cláusulas do testamento de

Diego de Lemos (†1495), Señor de Ferreira e Sober"

Fernando DOPICO BLANCO. Ferrol, 2011.

 

1492, maio, 31, Ferreira de Pantón, Lugo.

Escolma das principais cláusulas testamentarias de Diego de Lemos († 1495), Señor da casa de Ferreira e Sober, vasalo do rei, fillo maior e lexítimo herdeiro de Alonso López de Lemos[1] e de Berenguela López de Ribadeneira[2].

  • ARCHIVO DUCAL DE MEDINACELI, Amarante, 16/20.
  • Perante Alonso Moure, de Chantada, & Alonso Moure, de Toldaos, notarios.

 

-          Outorgado ante as portas da fortaleza de Ferreira, día quarta feira.

-          Manda que o sepulten no mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón[3] eno moimento nobo que eu fize dentro no coro maior, que está a mano siniestra.

-          Manda dous trintanarios á igrexa de Milmanda[4] por Lopo de Mugares, Alonso Rodríguez e Ares de Sobreda, que por meu serviçio matou Juan Sarmiento.

-          Mándalle ó seu fillo maior, Lope[5], os coutos de Sober, Sindrán, Ribada[6], con casares e herdades. Asemade, a casa e fortaleza de Ferreira de Pantón.

-          Lembra e nomea á súa filla dona Xoana, abadesa do mosteiro de Ferreira, así como ó seu curmán Álvaro González de Ribadeneira[7].

-          Mándalle á su filla dona Maior[8] o couto de Recelle, que tiña en foro da igrexa de Santiago, asemade dos coutos de Sobreda, Estrumil e Ousende, en terra de Sardiñeira[9].

-          Mándalle ó seu fillo menor Alonso[10] o couto de Laiosa[11], na parte que herdara polo seu pai e máis na parte da que lle fixera desembargo seu cuñado Gonzalo López de Goiáns[12]. Asemade, a metade do beneficio de San Martiño de Laiosa non perturbando a meu irmaoo Garçía de Balcarçere[13], o couto de Castelo dos Infantes[14] con seu paçio, o couto de Villagade, e o couto de Larín co paçio de Loseiro.

-          Mándalle ás súas fillas menores dona Berenguela[15] e dona Tareixa[16] herdades e facenda nas Enchousas[17] e nas Somozas[18], no Baleo[19], eno val de Santa María Maior de Trasancos[20], e en todos los outros lugares de porto de mar[21].

-          Mándalle certos bens á súa muller dona Maior[22].

-          Mándalle ó seu fillo bastardo Rodrigo de Sober o padroado sobre Villaqueis coa súa renda de pan, máis os lugares de Montegrande, Riazo na Pobra de San Xiao, granxa de Usillo, e Vilachá. Todos os cales tiña en foro de da igrexa de Santiago e de varios mosteiros.

-          Mándalle ó seu irmán García de Valcarce a renda do couto de Castelo dos Infantes pola súa vida, por boas obras e en espeçial eno çerco de Allariz, quando me desçercou coa gente do Conde de Lemos.

-          Encarga ós seus fillos que miren especialmente por Lopo de Sober, abade de San Vitoiro de Ribas de Miño, que era tamén seu fillo bastardo.

-          Deixa como cumpridores do seu testamento ó seu curmán Álvaro Gonzalez de Ribadeneira, á súa muller dona Maior de Ulloa e á súa filla dona Xoana, abadesa do mosteiro de Ferreira.

-          Figuran como testemuñas os seguintes escudeiros e criados: García Rodríguez Noguerol, Pedro de Aguiar, Gonzalo de Ulloa, Lope Rodríguez e Gonzalo de Martín.



[1] Alonso López era fillo de Lopo Afonso de Lemos, Señor da casa de Ferreira, e de Leonor García de Valcarce.

[2] Dona Berenguela era unha das fillas de Alvaro González de Ribadeneira o vello († c.a. 1433) e de dona Tareixa Fernández de Ribadeneira.

[3] No actual concello de Pantón (Lugo)

[4] No actual concello de Celanova (Ourense)

[5] Lope Sánchez de Ulloa († 1512), Señor da casa de Ferreira e Sober. Casou c.a. 1493 con dona Isabel González Noguerol († 1533), Señora da casa de Amarante, filla única de Roi González Noguerol († 1489) e de Leonor Díaz de [Goiás] Cadórniga († 1527). Con descendencia.

[6] Todos na terra de Lemos (Lugo).

[7] O mariscal Álvaro González de Ribadeneira († a. 1521), Señor da fortaleza da Barreira, era fillo de Diego Sánchez de Ribadeneira -irmán de dona Berenguela, a nai de Diego de Lemos- e de dona Tareixa Rodríguez de Aguiar.

[8] Dona Maior de Ulloa. Casou con Lope de Taboada o torto. Con descendencia.

[9] No actual concello de O Saviñao (Lugo).

[10] Alonso López de Lemos († 1554), Señor do couto de Laiosa. Casou con dona Elvira de Nóvoa, Señora da Casa de Maceda, filla de Pedro Yáñez de Nóvoa († c.a. 1524) e de Xoana Díaz de Cadórniga. Con descendencia.

[11] No actual concello de O Incio (Lugo)

[12] Gonzalo López de Goiáns, escudeiro, era fillo de Ares López de Goiáns e de Maior Ares de Bóveda (ou, da Somoza), veciños da terra de Sarria. O feito de que Diego de Lemos o sinale como cuñado reviste moita importancia xenealóxica, xa que a muller de Gonzalo foi Xoana Díaz de Cadórniga. Sen embargo, non se acaba de ver con claridade esta filiación e cómpre manter certa prudencia ó respecto.

[13] No ano 1480 ambos irmáns solicitaban amparo ós RR. CC. polo seu couto de Sindrán, xa que temían que outros nobres llo quitasen ou estorbasen nesta posesión. García Rodríguez de Valcarce tivo dous fillos naturais en Leonor López, veciña de Cacabelos (León), que foron lexitimados en 1486 polo rei Don Fernando. Estes dous fillos foron: Rodrigo Álvarez de Valcarce, Señor de Doncos, e Constanza de Valcarce. Ambos con sucesión. Véxase nesta mesma páxina o artigo da miña autoría titulado: “Descendencia de García Rodríguez de Valcarce, cavallero e ome hijodalgo (2ª. metade s. XV)”.

[14] No actual concello de Sarria (Lugo).

[15] Dona Berenguela de Ulloa e Ribadeneira. Casou con Pedro Díaz de Cadórniga, rexedor de Ourense e Señor de parte das terras das Frieiras, fillo de García Díaz de Cadórniga o que mataron ennas Frieiras († 1495) e de Maior Álvarez de Losada. Con descendencia.

[16] Dona Tareixa de Ulloa e Ribadeneira. Casou con Álvaro Suárez de Tanxil († c.a. 1519), Señor da casa de Bentraces, fillo de Roi Suárez de Tanxil († c.aa. 1500-03) e de Leonor Álvarez de Quiroga († c.aa. 1500-03). A carta de dote para o seu matrimonio se outorgou o 02/06/1496. Un ano antes, en 1495, dona Tareixa ratificaba un acordo coa súa nai e o seu irmán Lope Sánchez sobre as partillas da herdanza do seu pai. Con descendencia.

[17] No actual concello de As Somozas (A Coruña).

[18] No concello do seu nome (A Coruña).

[19] Trátase dunhas herdades no lugar do Baleo, freguesía de Ladrido, no actual concello de Ortigueira (A Coruña). Destas herdades coñecemos un foro outorgado no ano 1419 por Leonor García de Valcarce, avóa paterna de Diego de Lemos. Polo que, asermade, sabemos que lle viñan en herdanza por esta avóa.

[20] Santa María A Maior do Val, no actual concello de Narón (A Coruña).

[21] Refírese a propiedades no actual concello de Cedeira, que lle viñan a Diego de Lemos por herdanza da súa nai, dona Berenguela, e da súa avóa materna dona Tareixa.

[22] Dona Maior de Ulloa e Castro, filla de Lope Sánchez de Ulloa, Señor da fortaleza de Pambre, e da súa segunda muller dona Inés de Castro. Irmán de dona Maior e fillo tamén dos anteriores foi don Sancho de Ulloa, Señor de Pambre e I Conde de Monterrei.

 

* Mosteiro de Ferreira de Pantón (Lugo): Xacente de Diego de Lemos († 1495), Señor de Ferreira e Sober.

Visitas: 2144

Los comentarios están cerrados para este post

Comentario por Fernando Dopico Blanco el noviembre 26, 2012 a las 5:43pm

* Habiendo quedado claro que se trata de dos Alonsos distintos -con un siglo de diferencia entre uno y otro-. Si, cabe la posibilidad de que el Alonso Díaz del XVI sea descendiente -nieto o bisnieto, tal vez- del Alonso López del XV. Pero si esto no se demuestra con documentos, no pasa de ser una hipótesis con probabilidad de ser veraz, pero indemostrada.

Comentario por Sergio M. Cotos el noviembre 26, 2012 a las 12:28pm

Supongo que queda claro que ambos Gonzalos no son la misma persona. Pero dada la repetición de apellidos, tanto Díaz de Goyanes, como el Díaz de Cadórniga en un hijo de Alonso y María Garza de Quiroga, me preguntaba si provendrían de esta misma familia, ya que se encuentran aproximadamente en la misma zona.

Comentario por Sergio M. Cotos el noviembre 26, 2012 a las 12:24pm

Alonso Díaz de Goyanes y María Garza de Quiroga debieron casarse entre 1570 y 1590. Su hijo Rodrigo de Quiroga y Goyanes murió más tarde de 1628, y el hijo de éste, Antonio de Losada y Quiroga, fue dotado en 1620.

Comentario por Fernando Dopico Blanco el noviembre 26, 2012 a las 7:08am

* Vuelvo a repetir la pregunta: ¿En qué arco cronológico se situa al matrimonio Alonso Díaz de Goyáns y María Garza Quiroga?.

Comentario por Sergio M. Cotos el noviembre 24, 2012 a las 7:41pm

No, no, no, yo no he dicho que Juana Díaz de Cadórniga fuera hija de Alonso López de Lemos. He dicho que Gonzalo López de Goyanes estuvo casado con una hija de Alonso López de Lemos, y que aparte de eso, hay otro Gonzalo López de Goyanes casado con una Juana Díaz de Cadórniga.

Lo que pregunto es si ambos Gonzalos son el mismo.

Comentario por Fernando Dopico Blanco el noviembre 24, 2012 a las 5:07pm

* Así como he dicho que tengo serias dudas sobre la hipotética -y hasta ahora no convenientemente probada- filiación de Juana Díaz de Cadórniga, no así sobre la de Gonzalo López de Goyáns. Éste era hijo de Ares López de Goyáns, fallecido antes de 1456, y de Mayor Ares de Bóveda, vecinos de tierra de Sarria. Nieto, por línea materna, de Álvaro López da Somoza y de Constanza Sánchez [¿de Ribadeneira?].

* Ya hace algún tiempo que iba a publicar estos y otros datos. Así que ahí quedan. En cuanto tenga tiempo, publico aquí en EDG otros datos sobre este linaje de los Goyáns-Somoza.

* Saludos.

Comentario por Fernando Dopico Blanco el noviembre 24, 2012 a las 3:47pm

* El matrimonio entre ele escudero Gonzalo López de Goyás (o, Goyáns ...) y Juana Díaz de Cadórniga está probado documentalmente (Archivo Ducal de Medinaceli, sección Amarante). Su periodo cronológico se encuentra entre el primer tercio del siglo XV y el último tercio del mismo.

* Ahora bien. Yo no tengo nada, pero nada, claro que esta Juana Díaz de Cadórniga fuese hija de Alonso López de Lemos ...

* Lo que si puedo decir es que del matrimonio entre Gonzalo López y Juana Díaz quedaron -por lo menos- los siguientes hijos:

1.- Leonor Díaz [de Goyáns] de Cadórniga († 1527), que casó en el año 1466 con Roy Fernández Noguerol († 1489), Señor de la casa de Amarante. Fue hija única de este matrimonio doña Isabel González Noguerol († c.a. 1533), Señora de Amarante, que casó c.a. 1493 con Lope Sánchez de Ulloa († 1512), Señor de Ferreira y Sober. Con descendencia.

2.- Vasco López de Goyáns († c.a. 1508). Casó con Iseo López de Ribadeneira y fueron vecinos de la tierra de Lemos. Llevaban en foro del obispo de Lugo el coto de Biville con otros lugares y heredades. Con descendencia.

3.- Diego López [de Goyáns] da Somoza,fallecido antes del año 1506. Casó con Elvira Osorio y fueron vecinos del coto de Bóveda. Con descendencia.

4.- Maior Arias de Goiáns. Casó con Diego Sánchez de Laiosa. Con descendencia.

 

* Pregunta ¿En qué arco cronológico se encuentra el matrimonio Alonso Díaz de Goyanes c.c. María Garza Quiroga? ...

 

* Saludos.


Comentario por Sergio M. Cotos el noviembre 24, 2012 a las 11:34am

Ese Gonzalo López de Goyanes casado con una hija desconocida de Alonso López de Lemos y Balboa ¿es el que luego se casó con Juana Díaz Cadórniga? Hay un Alonso Díaz de Goyanes, dueño de la Casa de Mosteiro en San Miguel de Eiré, casado con María Garza Quiroga del Pazo de Tor, que tuvieron entre otros hijos a un Pedro Díaz de Cadórniga. ¿Sabéis si son los mismos o si tienen relación?

Comentario por Fernando Dopico Blanco el noviembre 24, 2012 a las 9:53am

* Transcribe, transcribe ... !!!.

Comentario por José Luis el noviembre 16, 2012 a las 9:32pm

Después de mucho tiempo y paciencia aquí el árbol modificado a la luz de las nuevas aportaciones de Fernando, y algún otro dato que he ido encontrando. Aviso¡¡¡¡¡ es un borrador como siempre y esta abierto a cualquier modificación consensuada.

http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/lopezlemos.htm

Fer, he encontrado el apeo de las heredades de doña Berenguela en Montoxo, cuando pueda lo transcribo

Saludos

Fotos

  • Añadir fotos
  • Ver todos

Foro

Pedro/Matías Ares-Escribano de S.M.-Touro (A Coruña).1700

Iniciada por Amanda Ares Alonso en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Amanda Ares Alonso 6 Nov 2017. 4 Respuestas

Hola:Soy nueva en este foro pero llevo ya un tiempo recabando información sobre mis antepasados. Actualmente me estoy centrando en buscar más acerca del último "Ares" que tengo en mi familia. Se trata de Pedro Ares, casado con Margarita Gago y natural de Touro-A Coruña (supongo que vivió en la segunda mitad del siglo XVII). Al menos su hijo (Matías) y nieto (Juan Antonio) fueron escribanos de S.M. en Touro durante el siglo XVIII (Juan Antonio figura siempre como escribano de Bendaña, que es una…Continuar

Etiquetas: Touro, Ares

Liñas familiares do Pazo de Brandeso ata o Século XVIII

Iniciada por José Liñeira Monteiro en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Meri Martinez 2 Nov 2017. 11 Respuestas

Ola a todos; antes de nada, darvos as grazas por aceptarme nesta rede que xa hai un tempo que levo seguindo e que aprezo en extremo. Abro esta discusión porque non logro reconstruír as redes familiares das liñaxes posuidoras do pazo de Brandeso (Concello de Arzúa), e quizabes algún de vós podería axudarme. Se avanzo no tempo cara atrás, teño todo moi claro ata que Pedro Montero Figueroa herda o vínculo do seu parente Gregorio Montero Figueroa (aquel que casara con Josefa Pimentel, do pazo de…Continuar

Bahamonde / Vaamonde / Baamonde

Iniciada por Belen Gonzalez Varela en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN 17 Sep 2017. 0 Respuestas

Buenas tardes, busco a una rama de la familia en Betanzos y alrededores.El último dato fiable es Manuela o María Manuela, nacida en 1834 aprox. en Piadela.No consigo su partida ni figura en la iglesia que le correspondería en Betanzos, por lo que debe estar aún en Piadela.Su padre era Baltasar Vaamonde y sobre él no hay dato alguno, más que el nombre.Si alguien tiene información o bien enlaces donde buscar, agradeceré muchísimo la ayuda.Me han hablado de Dionisio Baamonde que se estableció en…Continuar

Fernando de Andrade (Señor de San Sadurniño)

Iniciada por José Luis en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 27 Ago 2017. 5 Respuestas

Buenas tardes:Estoy intentado averiguar si Gonzalo Freire de Andrade casado con Beatriz de Serantes es un hijo de Fernando de Andrade.En la páginahttp://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/fernando-de-andrade-i-senor-de-san-sadurnino/Se dice que Gonzalo Freire de Andrade es hijo de Fernando de Andrade con su segunda mujer Dª Berenguela das Mariñas.     Sin embargo en otros foros lo ponen como…Continuar

Busqueda de Losada

Iniciada por Sonia beatriz Losada Laban en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Guillermo Rodríguez Fernández 9 Ago 2017. 12 Respuestas

Hola, reitero mi pedido, busco datos del nacimiento de mi abuelo Joaquin Losada, los datos  concreto que tengo lo extraje del acta de matrimonio en Misiones Argentina y dice "Joaquin Losadas, español, soltrero hijo de Angel Losada de Galicia y Agripina Aurora Sarmiento de Lira ( finada) esto fue en el año 1896 por lo que Joaquin debio haber nacido en el año 1873/74, ya que al casase tenia 22 años.Espero ayuda de Uds RespetuosamenteSonia Batriz Losada LabanContinuar

Pazo da Riva (Valdoviño). Familias Pardo de Andrade y Ponce de León

Iniciada por Oscar Pardo Fernández en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 30 Jul 2017. 10 Respuestas

Buenos días, querría antes de nada felicitar a los miembros del foro, donde he encontrado mucha información relativa a la genealogía de los Pardo de Andrade de Valdoviño, la cual estoy intentando recuperar desde los primeros señores do Pazo da Riva (o Riba) hasta llegar a mi tatarabuela, María Petra Pardo de Andrade y López Ponce de León, nacida en 1840 y difunta el 20 de marzo del año 1921.La primera referencia que he podido encontrar a los señores del Pazo da Riva ha sido en la genealogía de…Continuar

Etiquetas: Valdoviño, Santa Eulalia, Ponce de León, Pardo de Andrade, Casa da Riva

Acceso directo PARES


Acceso directo ARG

Acceso directo AHUS

contraseña y usuario: webahus1

Acceso GAZETA Histórica


© 2018   Creado por José Luis.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio