edg

Estudios de Genealogía. Red Social de Investigadores

Ya se encuentra disponible nuevamente XOR en el siguiente enlace: Xenealoxías do Ortegal

Ano 1419: Acrecentamento da dote de dona Isabel de Castro, muller de Xoán Freire de Lanzós, outorgada polo seu primo don Fadrique Enríquez, Conde de Trastámara.

«Ano 1419: Acrecentamento da dote de dona Isabel de Castro,

muller de Xoán Freire de Lanzós, outorgada polo seu primo

don Fadrique Enríquez, Conde de Trastámara»

Fernando DOPICO BLANCO. Ferrol, 2014.

 

Dentro da complexa e todavía enmarañada xenealoxía da parentela dos Castro e dos Enríquez, Condes de Lemos e de Trastámara baixomedievais, a búsqueda da solución para a enigmática identidade de dúas irmás localizadas documentalmente no seculo XV: Dona Isabel e dona Beatriz de Castro; constituiu unha complicación máis nos últimos anos á de por si xa enrevesada e, en bastantes casos, terxiversada saga familiar deste clan.

Destas dona Isabel e dona Beatriz, dos seus matrimonios e descendencia, temos noticias documentais, respectivamente, nas obras Los Señores de Galicia …[1]; e na Colección Diplomática … de Celanova[2]. Así, por un documento do ano 1446 sabemos que dona Isabel fora muller de Xoán Freire de Lanzós, e que o fillo herdeiro de ambos era o entón mozo Alonso de Lanzós, futuro caudillo irmandiño. Por outra parte en 1478 dona Beatriz, viúva de García Díaz de Cadórniga, outorgaba testamento na cidade de Ourense en moi avanzada idade, polo que deixaba como herdeiro universal dos seus bens ó seu sobriño xa citado Alonso de Lanzós, fillo da súa irmá dona Isabel e de Xoán Freire. Ademais, sabemos que o fillo de dona Beatriz e de García Díaz, Pedro Díaz de Cadórniga o mozo, finara en 1449 en plena flor de idade.

Deste xeito e coas anteriores credenciais, non cabía dúbida da existencia destas señoras. Nin tampouco do grao de parentesco entre elas. Pero, si ofrecía dificultade a proposta de filiación para ambas.

Xunto co anterior, a localización dunha breve anotación fai uns anos nun manuscrito do século XVI relacionado cos Andrade-Lanzós de San Sadurniño, viu a poñernos sobre unha posible pista na arela de solucionar tal cuestión xenealóxica: “Con más, el dote que hizo don Fradique, Conde de Trastámara, a dona Ysabel de Castro, de çiertos benefiçios que tocan al senor Juan Freire[3] e Pero de Andrade[4]. Entregáronse al señor canónigo Fernán Sánchez de Camano. E por ser verdad, firmo la presente memoria segúnd fecha, a 24 de setienbre, 1559 anos”[5].

* AHN, Clero, Secular Regular, L. 3076.

Así pois, fai poucos meses atopamos por fin no Arquivo do Reino de Galicia o documento en cuestión, outorgado na vila de Sarria o 06/02/1419. Se ben, cabe expoñer que non se trata do orixinal, se non dunha copia do século XVIII sobre un traslado notarial do ano 1502. No mesmo, don Fadrique aumenta a dote que lle outorgara con anterioridade á súa prima dona Isabel polo seu matrimonio con Xoán Freire de Lanzós. Suliñando asemade que o pai desta, o seu tío don Álvaro Pérez de Castro, a dotara xa con dúas mil dobras.

E agora ven o quid da cuestión: ¿Quén é este don Álvaro, pai de dona Isabel -e, polo tanto, tamén de dona Beatriz-, tío ó parecer de don Fadrique …?.

Velaquí que a declaración do Conde de Trastámara sobre as concorrencias da dote, situando a este don Álvaro vivo ó menos nun periodo moi próximo ó ano 1419, plantéxanos certos problemas na identificación deste persoeiro. Xa que logo e en evidente primeiro lugar, coido que se debe descartar a identificación co homónimo Conde de Arraiolos, falecido en 1383. A maiores, hai que sinalar que o citado conde era avó materno de don Fadrique. Así, eliminada esa posibilidade e sempre e cando consideremos de crédito a este don Álvaro como tío de don Fadrique, atopámonos coa posibilidade de estar ante un novo fillo homónimo do devandito Conde de Arraiolos. Posible fillo, ata agora e de que saiba, non documentado como tal. De ser así, pode barallarse esta posibilidade e queda esbozada como hipótese. Se ben, ata que se poida facer demostración documental da mesma, non pasa nin pasar pode do mesmo. Porén, tamén cabe a lóxica dúbida de si podería tratarse dun fillo de lexítimo matrimonio ou natural.

Por último, quero chamar a atención cara a un don Álvaro Pérez de Castro, marido de dona Isabel de Castro -irmá de don Fadrique-, Señora de Manzaneda e Valdeorras. Matrimonio xa testemuñado na primeira metade do século XV. A este último don Álvaro, de que saiba, tampouco se lle adxudicou filiación coñecida e contrastada documentalmente. Así pois; ¿Qué relación existiu entre este e o tío de don Fadrique ...?. O tema queda aberto.

 

1419, febreiro, 06, Sarria.

Acrecentamento da dote outorgada por don Fadrique Enríquez, Conde de Trastámara, a favor da súa prima dona Isabel de Castro, filla do seu tío don Álvaro Pérez de Castro, polo seu casamento con Xoán Freire de Lanzós, vasalo do rei e escudeiro do conde.

  • ARQUIVO DO REINO DE GALICIA, Documentos Soltos, C. 960, 39.
  • Copia do século XVIII sobre un traslado de 1502.

+

Sabeam todos que eu don Fadrique, Conde de Trastámara, outorgo e conozco que por quanto vos dona Ysavel de Castro, miña prima, fija de don Álvaro Pérez de Castro, meu tío, por licencia e mandado do dito don Álvaro Pérez voso padre e miña, avedes casado con Juan Freire de Lençoos, vasallo del rey meu señor, escudeiro e servidor meu. E por quanto saliende (sic) dos mil doblas de dote que o dito don Álvaro Pérez vos a dado para o dito casamiento, e dos coutos, e lugares, e heredades, e benes que eu por vos facer merced vos ey dado por las dichas doblas; miña vontade e merced foi de vos facer merced e acrecentamento da dita dote ata contía de tresçentos floríns douro de moeda de Aragón, con avalía deles en herdades e en otra renda que rente eu para rentar esta dita contía. E entendendo que a vos es más proveito de averdes esta merçed en herdades ou cousas que sejan rentables antes que en diñeiro que vos eu dó. Eu para vos contentar desta merced sobredita, eu vos fago ende doación perpetua de todo o padroyso (…) del jus e dereito de apresentar que a mi pertenesce en as yglesias de San Simón y de Lençoos, que son en lo alfoz de Vilalva, jurisdiçión eclesiástica del obispado de Mondoñedo, e de todas las rentas (…) quantas quier (…). Fecho e otorgado en a vila de Sarrea, a seis de febreiro, año do nascimento de Noso Señor Jesu Cristo de mil e quatroçentos e dez e nove anos. Testigos que a esto foron presentes chamados, especialmente para esto rogados: Don Gil, Obispo de Mondoñedo, e Diego Alonso de Tortes, monteiro maior do dito señor conde, e Rodrigo Sánchez de Ulloa, fijo de Gonzalo Ozores de Ulloa, escudeiro do dito señor conde, e outros. Eu Juan Rodríguez, escrivano del dito señor Rey e notario público sobre dito que de yuso firmo, presente fui e fice ende escribir, en testimonio de verdad fice aquí meu nome que tal he. Juan Rodríguez. (…).

Sacóse copia desta escritura de otra original que Fernando de Andrade[6] presentó en 7 de marzo de 1502 ante Vasco Pérez de Cabeiro, maestre-scuela en la yglesia colegial de Santa María del Campo dela ciudad dela Coruña y juez en dicha ciudad y arciprestazgo de Faro por el señor don Fernando Vermúdez de Castro[7], abad dela dicha iglesia, pidiendo se sacáse copia de ello, que estaba escrita en pergamino, firmada delos dichos Juan Rodríguez y Juan Sánchez Guadalfajaro. Que se mandó sacar en toda forma firmada de dicho Vasco Pérez por ante Jácome Valdayo, clérigo dela diócesis compostelana y notario apostólico (…).

* ARG, Documentos Soltos, C. 960, 39.


[1] Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, Los Señores de Galicia: Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 2000.

[2] María Beatriz VAQUERO DÍAZ, Colección Diplomática do mosteiro de San Salvador de Celanova (ss. XIII–XV), Concello de Celanova – Universidade de Vigo, 2004.

[3] Xoán Freire de Andrade e Lanzós († 1548), II Señor de San Sadurniño.

[4] Pedro de Andrade e Castro, fillo do anterior e III Señor de San Sadurniño.

[5] ARCHIVO HISTÓRICO NACIONAL, Clero, Secular Regular, L. 3076.

[6] Fernando de Andrade, I Señor de San Sadurniño. Casou en primeiras nupcias con dona Inés de Castro e Lanzós († c.a. 1513), filla de Alonso de Lanzós († 1480) e da súa segunda muller dona María Bermúdez de Castro († 1502), neta de Xoán Freire de Lanzós († antes 1446) e de dona Isabel de Castro. Véxase, Fernando DOPICO BLANCO, “Prolegómenos, fundación e transmisión dos morgados de Baltar e San Sadurniño (séculos XV ao XVIII)”, en Cátedra nº. 13, Pontedeume, 2006 (http://catedra.pontedeume.es/13/catedra1315.pdf).

[7] Don Fernando Bermúdez de Castro o deán († 1515), Señor de Montaos, irmán de dona María Bermúdez de Castro citada na nota anterior. Ambos fillos do cabaleiro Pedro Bermúdez de Montaos († 1445) e de dona Leonor de Castro e Guzmán.

Visitas: 1316

Los comentarios están cerrados para este post

Comentario por Fernando Dopico Blanco el julio 8, 2014 a las 1:38am

* Gracias, maese Lamigueiro. Pero non se merecen, de verdade. O importante é ir clarexando o panorama, sen máis pretensións. En aras dunha mellor claridade histórica e beneficio pra todos e por todos. Si se pode, ben. Se non se pode, tamén ... Iso si, con veracidade, contrastando datos, e sen concesións á parveza da mitoloxía xenelalóxica ...

Comentario por José Luis el julio 7, 2014 a las 10:47pm

Sublime enhorabuena Fernando

Fotos

  • Añadir fotos
  • Ver todos

Foro

Pedro/Matías Ares-Escribano de S.M.-Touro (A Coruña).1700

Iniciada por Amanda Ares Alonso en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Amanda Ares Alonso 6 Nov. 4 Respuestas

Hola:Soy nueva en este foro pero llevo ya un tiempo recabando información sobre mis antepasados. Actualmente me estoy centrando en buscar más acerca del último "Ares" que tengo en mi familia. Se trata de Pedro Ares, casado con Margarita Gago y natural de Touro-A Coruña (supongo que vivió en la segunda mitad del siglo XVII). Al menos su hijo (Matías) y nieto (Juan Antonio) fueron escribanos de S.M. en Touro durante el siglo XVIII (Juan Antonio figura siempre como escribano de Bendaña, que es una…Continuar

Etiquetas: Touro, Ares

Liñas familiares do Pazo de Brandeso ata o Século XVIII

Iniciada por José Liñeira Monteiro en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Meri Martinez 2 Nov. 11 Respuestas

Ola a todos; antes de nada, darvos as grazas por aceptarme nesta rede que xa hai un tempo que levo seguindo e que aprezo en extremo. Abro esta discusión porque non logro reconstruír as redes familiares das liñaxes posuidoras do pazo de Brandeso (Concello de Arzúa), e quizabes algún de vós podería axudarme. Se avanzo no tempo cara atrás, teño todo moi claro ata que Pedro Montero Figueroa herda o vínculo do seu parente Gregorio Montero Figueroa (aquel que casara con Josefa Pimentel, do pazo de…Continuar

Bahamonde / Vaamonde / Baamonde

Iniciada por Belen Gonzalez Varela en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN 17 Sep. 0 Respuestas

Buenas tardes, busco a una rama de la familia en Betanzos y alrededores.El último dato fiable es Manuela o María Manuela, nacida en 1834 aprox. en Piadela.No consigo su partida ni figura en la iglesia que le correspondería en Betanzos, por lo que debe estar aún en Piadela.Su padre era Baltasar Vaamonde y sobre él no hay dato alguno, más que el nombre.Si alguien tiene información o bien enlaces donde buscar, agradeceré muchísimo la ayuda.Me han hablado de Dionisio Baamonde que se estableció en…Continuar

Fernando de Andrade (Señor de San Sadurniño)

Iniciada por José Luis en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 27 Ago. 5 Respuestas

Buenas tardes:Estoy intentado averiguar si Gonzalo Freire de Andrade casado con Beatriz de Serantes es un hijo de Fernando de Andrade.En la páginahttp://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/fernando-de-andrade-i-senor-de-san-sadurnino/Se dice que Gonzalo Freire de Andrade es hijo de Fernando de Andrade con su segunda mujer Dª Berenguela das Mariñas.     Sin embargo en otros foros lo ponen como…Continuar

Busqueda de Losada

Iniciada por Sonia beatriz Losada Laban en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Guillermo Rodríguez Fernández 9 Ago. 12 Respuestas

Hola, reitero mi pedido, busco datos del nacimiento de mi abuelo Joaquin Losada, los datos  concreto que tengo lo extraje del acta de matrimonio en Misiones Argentina y dice "Joaquin Losadas, español, soltrero hijo de Angel Losada de Galicia y Agripina Aurora Sarmiento de Lira ( finada) esto fue en el año 1896 por lo que Joaquin debio haber nacido en el año 1873/74, ya que al casase tenia 22 años.Espero ayuda de Uds RespetuosamenteSonia Batriz Losada LabanContinuar

Pazo da Riva (Valdoviño). Familias Pardo de Andrade y Ponce de León

Iniciada por Oscar Pardo Fernández en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 30 Jul. 10 Respuestas

Buenos días, querría antes de nada felicitar a los miembros del foro, donde he encontrado mucha información relativa a la genealogía de los Pardo de Andrade de Valdoviño, la cual estoy intentando recuperar desde los primeros señores do Pazo da Riva (o Riba) hasta llegar a mi tatarabuela, María Petra Pardo de Andrade y López Ponce de León, nacida en 1840 y difunta el 20 de marzo del año 1921.La primera referencia que he podido encontrar a los señores del Pazo da Riva ha sido en la genealogía de…Continuar

Etiquetas: Valdoviño, Santa Eulalia, Ponce de León, Pardo de Andrade, Casa da Riva

Acceso directo PARES


Acceso directo ARG

Acceso directo AHUS

contraseña y usuario: webahus1

Acceso GAZETA Histórica


© 2017   Creado por José Luis.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio