edg

Estudios de Genealogía. Red Social de Investigadores

Ya se encuentra disponible nuevamente XOR en el siguiente enlace: Xenealoxías do Ortegal

Ano 1407: Foro da metade da encomenda e señorío de Xuvia e Caranza, máis os coutos de Anca e Viladonelle ...

«Ano 1407: Foro da metade da encomenda e señorío de Xuvia e Caranza, máis os coutos de Anca e Viladonelle, outorgado polo prior e monxes de San Martiño de Xuvia a favor de Nuño Freire de Andrade e a súa muller dona Beatriz Méndez de Valdés»

Fernando DOPICO BLANCO. Ferrol, 2014.

                                           

Entre 1406 – 1407 falecía o II Señor da casa de Andrade, Pedro Fernández[1]. Sucedeulle no señorío o seu fillo Nuño Freire, coñecido na historiografía co alcume de o Mao, quen rexería os seus dominios manu militari ata o seu óbito en 1431, pouco despois da I Revolta Irmandiña acontecida nos seus feudos.

 

Armas de Andrade, século XV. Lugar de Boado, Franza (Mugardos).

(Fotografía do autor)

Se ofrece, de seguido, a transcrición do primeiro documento localizado -polo de agora- onde aparece Nuño Freire como Señor dos estados de Andrade. Manuscrito en pergameo inédito e non publicado ata o presente.

Trátase dun pingüe foro outorgado polo prior e monxes de San Martiño de Xuvia (Narón). No mesmo, o prior Afonso Rodríguez arréndalle ó Andrade e á súa muller dona Beatriz Méndez de Valdés a metade da encomenda e señorío do couto de Xuvia coa freguesía de Santa María de Caranza (Ferrol), así como os coutos de Anca e Viladonelle (Neda). O foro se establece cunha duración de dúas vidas ou voces, habendo de pagar cada hun anno por día de Sam Martino dusentos maravedís desta moneda branca en tres dineiros. Tamén se especifica que a dita encomenda e coutos estiveran aforados con anterioridade ó seu pai Pedro Fernández e ó seu tío avó Fernán Pérez de Andrade o Bo. Pero asemade, por un documento xuviense de 1402 sabemos que a outra metade da devandita encomenda andaba  repartida naquel tempo entre os cabaleiros García Rodríguez de Valcarce e Xoán Freire de Lanzós, parentes dos Andrade[2].

Para rematar, chamo a atención sobre algúns dos persoeiros que aparecen como testemuñas, tres deles co status de escudeiro e parentela de Nuño Freire, a saber: Nuño Pérez Cornella, Nuño Pérez de Irixoa e Diego Martínez de Pantín. Outro, un Abrahán Peite, xudeu veciño de Ferrol[3].

 

Foro do ano 1407 a Nuño Freire de Andrade e a súa dona. ARChV, Pergaminos, Carp. 102, 10.

* Criterios de transcrición: Se conserva a grafía orixinal. Se desenvolven as abreviaturas. Se normalizan baixo os criterios morfolóxico-sintácticos actuais o uso de maiúsculas, minúsculas, acentuación e sinos ortografícos de puntuación. Verbas ou letras restauradas se enmarcan entre corchetes: [   ]. Verbas de lectura incomprensible ou desaparecidas se resolven con tres puntos dentro de corchetes […]. Verbas deturpadas ou de lectura dubidosa se tumban en cursiva, coa advertencia: (sic); entre paréntese. As ringleiras se separan con barra simple: |. O fin de texto con barra tripla: |||.

1407, xullo, 22, Xuvia (Narón).

Foro por dúas vidas outorgado polo prior e monxes de San Martiño de Xuvia a favor de Nuño Freire de Andrade e a súa muller dona Beatriz Méndez de Valdés, da metade da encomenda e señorío sobre o couto de Xuvia e a freguesía de Caranza, xunto cos coutos de Anca e Viladonelle.

  • ARCHIVO DE LA REAL CHANCILLERÍA DE VALLADOLID, Pergaminos, Carpeta 102, 10.
  • Perante Afonso Pérez, notario público.

27. |

Saban quantos esta carta viren como nos Afonso Rodrígues, prior do mosteiro de Sam Martino de Ju[v]ya, estando de dentro (sic) do cabido do dito mosteiro | ajuntados con nosos monges Afonso Martínes, et Afonso Fernándes do Cast[r]o, monges do dito mosteiro, por campaa tanjuda segundo avemos de uso et de | costume. Nen sendo endusydos por engano, nen costrengudos por outra força,  myas[4] (sic) de noso plaser et vontade. Vendo em como vos Nuno | Freyre d’Andrade, fillo que fostes de Pedro Fernándes d’Andrade, cavalleiro vasalo do noso sennor el rey, fostes e sodes soçedente [ena] erançia[5] (sic) do dito Pedro | Fernándes, voso padre. Et vos e o dito Pedro Fernándes, noso[6] (sic) padre, e vosos antesçores[7] (sic) fesestes moyto bem et defendemento aos priores, et monges, e peso- | -as[8] (sic) deste dito mosteiro, et fasedes de cada día, et aansý en vosas sopolturas. Por ende nós o dito  Afonso Rodrígues, prior do dito mosteiro, e monges, | todos ajuntados em hun acordo e vontade, outorgamos et conosçemos que arrandamos (sic) et aforamos a vos o dito Nuno Freye, que sodes presente, | et a vosa moller dona Beatris Méndes de Valdés, et aos fillos e fillas que anbos agora avedes et daquí adiante ouverdes de anvos por todos los | días de vosas vidas e delles, mor[r]endo huns que vagen (sic) nos outros ata a-morte do postremeiro de vos e delles, usando vós o dito Nuno Freyre et | vosa moller primeiramente en vosas vidas, et depoys vosas mortes os fillos e fillas qua asý ouverdes. Convém a saber, que vos arrandamos (sic) e aforamos | segundo e ena maneira que dito he, a-metade da encomenda et senorío do couto de Sam Martino de Juvya e da friglesía de Santa María de Carança. Item, máys vos | arrandamos (sic) e aforamos o senorío e encomenda dos nosos coutos de Anca e Villa-donelle, que son açerca do voso castelo de Naraío. As quaes ditas |  encomendas e senorío que nós asý arrandamos (sic) e aforamos da dita metade do dito couto de Sam Martino e da friglesía de Santa María de Carança, et | dos coutos d’Anca et Villa-donelle, vos arrandamos (sic) e aforamos con todas las rendas, e serviços, e dereitos, et que-as ditas encomendas pertesçen, e segundo | as mellor et máys cumpridamente levaron e usaron por-lo dito mosteiro voso padre Pedro Fernándes e voso týo Fernán Péres d’Andrade[9]. Et aveedes a-dar por renda | et foro del ao dito mosteiro de cada hun anno por día de Sam Martino dusentos maravedís desta moneda branca en tres dineiros. Et seredes senpre no bem, e onra, et defen- | -demento do prior personas do dito mosteiro. E nós fasémosvoslo de paz no dito tenpo por los bees do dito mosteiro. Et esto he feito e outorgado entre as | ditas partes a boa fe e sen maao engano. Et non avemos de yr nen pasar contra ello em nenhún tenpo por nós nen por outra persoa em noso nome, so-pena | de quatro mil maravedís da dita moneda que pagen (sic) a-parte que-o asý non tover e cumplir a-outra parte. E a-vos del rey dé por meeo, aquela pena pagada ou non pagada, dúas | cartas em este tenor por notario sejan firmes e vallan. Feitas eno dito mosteiro, viinte e dous días do mes de julio, anno do nasçemento do Noso Sennor Ihesu- | -χρisto de mil e quatro çentos e sete annos. Testemunas que foron presentes, rogados e chamados para ello: Nuno Péres Cornella[10], Nuno Péres de Grygoa[11], Diego Martínes de Pantýn[12], | escudeiros et parentes do dito Nuno Freyre, Martín Martínes de Sobrado, Abrán Peyte, judío, visino de Ferrol, e outros. Et eu o dito Nuno Freyre, que soon presente, | por min e por las personas sobre-ditas así-o (repetido) reçebo, et prometo e outorgo a-pagar a-dita renda de cada hun anno por min e por meus beens, | e espiçial-mente por las rendas e dereitos dos ditos coutos e lugares. Testemunas sobre ditas. Eu Afonso Péres, notario público de noso senor el rey na | súa corte et en todos los seus regnos, presente foy e fis escribir, et pono aquí meu signal tal. (signum). |||


[1] Aínda que algúns autores propoñen o ano 1404 como o do falecemento de este Pedro Fernández de Andrade, sen embargo todavía se atopa con vida a comezos de 1406, segundo se testemuña a través dun foro dos bodos de Entrambasaugas e outros lugares no arcediagado de Montenegro, outorgado o 1 de xaneiro do referido ano polo bispo mindoniense don Álvaro de Isorna a favor do citado Pedro Fernández e a súa muller doña Mencía de Meira, xunto con un dos seus fillos, Xoán Freire de Andrade. ARCHIVO HISTÓRICO NACIONAL, Códices, L. 1099.

[2] Rodrigo Esquio et Pedro Fernandes do Castro ou outros quaes quer moordomos que por nos oueren de recabdar eño couto de Sam Martiño: Nos, Garçia Rodigues de Valcarcer et de Balboa, et Juã Freyre de Lançoos, vos fazemos a saber, que fezemos avynça cõ o prior sobre los serviços et outras cousas quaes quer, que avemos de levar, desa comēda que teemos de San Martino (…) do que soŷa pagar a Fernã Peres dAndrade (…). Yttem mays desenbargamos ao dito moesteŷro das loytosas et moorgadas et que as pagē ao dito moesteyro segundo qas pagarã en tēpo de Juã Freyre et de Roy Freyre (…). Andrés PENA GRAÑA, Narón, un concello con historia de seu (vol. II, Idade Media), Narón, 1992, p. 529.

[3] De que saiba, polo de agora esta é a primeira referencia documental constatada dun xudeu ferrolán con nome e apelidos.

[4] Sic: máis.

[5] Sic: herençia.

[6] Sic: voso.

[7] Sic: anteçesores.

[8] Sic: persoas.

[9] Enténdase tío avó, Fernán Pérez de Andrade o Bo († 1397).

[10] Tal vez poidera tratarse dun apelido de orixe toponímica. Véxase, Cornella, lugar na parroquia de Santa María de Berredo (Agolada).

[11] Irixoa.

[12] O apelido ten unha clara orixe toponímica na freguesía de Santiago de Pantín (Valdoviño). Os Díaz de Pantín, logo coñecidos como Díaz de Andrade e Díaz de Santa Marta, ubicáronse nas terras de Ortigueira na segunda metade do seculo XIV. Descendían do primeiro da saga afincado nesa zona, Lope Díaz de Pantín. Véxase a este respecto, Fernando DOPICO BLANCO, “Colación de herdades e beneficio de San Paio de Ortigueira a favor de Lope Díaz de Pantín, curmán de Fernán Pérez de Andrade o Bo”, en Estudios de Genealogía (EDG). Red Social de Investigadores, www.estudiosgen.com, 21 de abril de 2012. Tamén, Benigno ORJALES PITA, “Los Díaz de Andrade o Díaz de Santa Marta, principales de la casa de Andrade, en rev. Cátedra nº 16, Pontedeume, 2009.

Visitas: 1250

Los comentarios están cerrados para este post

Comentario por Fernando Dopico Blanco el septiembre 5, 2014 a las 10:34am

Gracias, maese Lamigueiro. Sempre é un pracer colaborar na túa páxina.

Comentario por José Luis el septiembre 3, 2014 a las 3:51pm

Enhoraboa como sempre Fernando e graciñas pola achega. Son moitos os datos e preciados os datos do documento. A mín particularmente góstame a constatación de Dona Beatriz de Valdés como muller de Nuño Freire, fito que aparece nos arbre dos Andrade en XOR e que non poucas discusións me levaron, con investigadores que non veñen ao caso. Parabéns.

Fotos

  • Añadir fotos
  • Ver todos

Foro

Pedro/Matías Ares-Escribano de S.M.-Touro (A Coruña).1700

Iniciada por Amanda Ares Alonso en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Amanda Ares Alonso 6 Nov 2017. 4 Respuestas

Hola:Soy nueva en este foro pero llevo ya un tiempo recabando información sobre mis antepasados. Actualmente me estoy centrando en buscar más acerca del último "Ares" que tengo en mi familia. Se trata de Pedro Ares, casado con Margarita Gago y natural de Touro-A Coruña (supongo que vivió en la segunda mitad del siglo XVII). Al menos su hijo (Matías) y nieto (Juan Antonio) fueron escribanos de S.M. en Touro durante el siglo XVIII (Juan Antonio figura siempre como escribano de Bendaña, que es una…Continuar

Etiquetas: Touro, Ares

Liñas familiares do Pazo de Brandeso ata o Século XVIII

Iniciada por José Liñeira Monteiro en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Meri Martinez 2 Nov 2017. 11 Respuestas

Ola a todos; antes de nada, darvos as grazas por aceptarme nesta rede que xa hai un tempo que levo seguindo e que aprezo en extremo. Abro esta discusión porque non logro reconstruír as redes familiares das liñaxes posuidoras do pazo de Brandeso (Concello de Arzúa), e quizabes algún de vós podería axudarme. Se avanzo no tempo cara atrás, teño todo moi claro ata que Pedro Montero Figueroa herda o vínculo do seu parente Gregorio Montero Figueroa (aquel que casara con Josefa Pimentel, do pazo de…Continuar

Bahamonde / Vaamonde / Baamonde

Iniciada por Belen Gonzalez Varela en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN 17 Sep 2017. 0 Respuestas

Buenas tardes, busco a una rama de la familia en Betanzos y alrededores.El último dato fiable es Manuela o María Manuela, nacida en 1834 aprox. en Piadela.No consigo su partida ni figura en la iglesia que le correspondería en Betanzos, por lo que debe estar aún en Piadela.Su padre era Baltasar Vaamonde y sobre él no hay dato alguno, más que el nombre.Si alguien tiene información o bien enlaces donde buscar, agradeceré muchísimo la ayuda.Me han hablado de Dionisio Baamonde que se estableció en…Continuar

Fernando de Andrade (Señor de San Sadurniño)

Iniciada por José Luis en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 27 Ago 2017. 5 Respuestas

Buenas tardes:Estoy intentado averiguar si Gonzalo Freire de Andrade casado con Beatriz de Serantes es un hijo de Fernando de Andrade.En la páginahttp://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/fernando-de-andrade-i-senor-de-san-sadurnino/Se dice que Gonzalo Freire de Andrade es hijo de Fernando de Andrade con su segunda mujer Dª Berenguela das Mariñas.     Sin embargo en otros foros lo ponen como…Continuar

Busqueda de Losada

Iniciada por Sonia beatriz Losada Laban en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Guillermo Rodríguez Fernández 9 Ago 2017. 12 Respuestas

Hola, reitero mi pedido, busco datos del nacimiento de mi abuelo Joaquin Losada, los datos  concreto que tengo lo extraje del acta de matrimonio en Misiones Argentina y dice "Joaquin Losadas, español, soltrero hijo de Angel Losada de Galicia y Agripina Aurora Sarmiento de Lira ( finada) esto fue en el año 1896 por lo que Joaquin debio haber nacido en el año 1873/74, ya que al casase tenia 22 años.Espero ayuda de Uds RespetuosamenteSonia Batriz Losada LabanContinuar

Pazo da Riva (Valdoviño). Familias Pardo de Andrade y Ponce de León

Iniciada por Oscar Pardo Fernández en BUSQUEDA DE INFORMACIÓN. Última respuesta de Fernando Dopico Blanco 30 Jul 2017. 10 Respuestas

Buenos días, querría antes de nada felicitar a los miembros del foro, donde he encontrado mucha información relativa a la genealogía de los Pardo de Andrade de Valdoviño, la cual estoy intentando recuperar desde los primeros señores do Pazo da Riva (o Riba) hasta llegar a mi tatarabuela, María Petra Pardo de Andrade y López Ponce de León, nacida en 1840 y difunta el 20 de marzo del año 1921.La primera referencia que he podido encontrar a los señores del Pazo da Riva ha sido en la genealogía de…Continuar

Etiquetas: Valdoviño, Santa Eulalia, Ponce de León, Pardo de Andrade, Casa da Riva

Acceso directo PARES


Acceso directo ARG

Acceso directo AHUS

contraseña y usuario: webahus1

Acceso GAZETA Histórica


© 2018   Creado por José Luis.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio